O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Anuncio de aprobación inicial da Modificación do Regulamento do Servizo municipal de Abastecemento de auga potable, saneamento e depuración das augas residuais do Concello de Teo

O Pleno da Corporación, na sesión do 24 de abril de 2024, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamen-
to do servizo municipal de abastecemento de auga potable, saneamento e depuración das augas residuais do Concello de
Teo, e sometelo a información pública.

Para dar cumprimento ao establecido no artigo 49.b) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, sométese o expediente a información pública mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de edictos da Corporación, durante o prazo de 30 días, contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de A Coruña, co obxecto de que toda persoa interesada poida formular as reclamacións e suxestións que estime oportunas, podendo ser consultado o expediente na Secretaría do Concello.

Arquivos
Adjunto Tamaño
2024_0000003088.pdf 104.5 KB