O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A corporación teense reúnese este mércores 26 de setembro na sesión ordinaria. O debate plenario terá lugar en horario de tarde, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa Consistorial, na Ramallosa, co fin de facilitar a asistencia das persoas interesadas. A sesión tamén se retransmitirá por streaming a través da web municipal.
Un dos puntos para o debate será a ordenanza e regulamento para a posta en funcionamento do espazo de traballo colaborativo que funcionará na antiga escola unitaria de Solláns. Tamén se leva a pleno a aprobación da conta xeral do ano pasado así como os festivos locais para o 2019, unha moción do BNG sobre a ponte de Pontevea ou unha moción conxunta de Sondeteo-Anova e PSdeG-PSOE sobre a atención a mulleres con endometriose.
A orde do día ten os seguintes puntos: