O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Ruta interpretativa: os seres do río Ulla necesitan túa axuda. Misión en familia

Data e hora

Localización
Punto de encontro: Área recreativa do Xirimbao
Como chegar

Prazas dispoñibles
20
Inscribirse

Prazas por persoa
5

As sequoias conviven harmoniosamente co resto de vida do río Ulla dende fai máis de medio século. A ruta “Os seres do río Ulla necesitan a túa axuda. Misión en familia” ten lugar na parroquia de Reis do concello de Teo. Esta experiencia lévate a coñecer o gran valor da biodiversidade que atesoura o río Ulla. A través dunha ruta interpretativa deseñada para familias con crianzas convertiraste en protagonista do xogo. 

O mexilón, a toupa ou o salmón contaranche os perigos que os ameazan e terás que protexelos! 

Completa a misión e inmortaliza ese momento no teu recuncho favorito coas Sequoias do Xirimbao como testemuña para ao longo da historia.

Nenos/as a partir de 6 anos sempre acompañados/as dunha persoa adulta. 

O percorrido circular transcorre por 1,7 km de pista e sendeiro, cunha dificultade media-baixa, debido o firme do chan á beira do río.

Observacións
RECOMENDACIÓNS
Cantimplora ou botella de auga.
Roupa e calzado cómodo adecuado para camiñar.
Gorra
Bloqueador solar
Gañas de pasalo ben!
Actividade suxeita ás previsións meteorolóxicas.
Inscribirse
Misión en familia 2

Outros eventos por vir