O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.
As sequoias conviven harmoniosamente co resto de vida do río Ulla dende fai máis de medio século. A ruta “Os seres do río Ulla necesitan a túa axuda. Misión en familia” ten lugar na parroquia de Reis do concello de Teo. Esta experiencia lévate a coñecer o gran valor da biodiversidade que atesoura o río Ulla. A través dunha ruta interpretativa deseñada para familias con crianzas convertiraste en protagonista do xogo.
O mexilón, a toupa ou o salmón contaranche os perigos que os ameazan e terás que protexelos!
Completa a misión e inmortaliza ese momento no teu recuncho favorito coas Sequoias do Xirimbao como testemuña para ao longo da historia.
O percorrido circular transcorre por 1,7 km de pista e sendeiro, cunha dificultade media-baixa, debido o firme do chan á beira do río.
Nenos/as a partir de 6 anos sempre acompañados/as dunha persoa adulta.