O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe -no seu número 121 do 25 de xuño de 2024- as bases da Convocatoria de subvencións a entidades para o fomento da igualdade entre homes e mulleres e a prevención da violencia de xénero para o exercicio 2024.
OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria está dirixida a subvencionar programas e actividades que persigan o fomento da igualdade entre homes e mulleres e de prevención e loita contra a violencia de xénero organizadas ou promovidas por asociacións veciñais de igualdade e benestar durante ano 2024, con cargo á partida 231/480.00 do Orzamento de 2024 , por un importe total de 3.000,00 euros.
BENEFICIARIOS/AS
1.-Serán beneficiarias as asociacións veciñais, de igualdade ou de benestar con ámbito de actuación no termo municipal do Concello de Teo que desenvolvan actividades que para esta convocatoria entenderanse:
Promoción da igualdade entre homes e mulleres,
Prevención e loita contra a violencia de xénero.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
A solicitude normalizada da convocatoria (Anexo I) xunto coa documentación que se indica, deberán presentarse, seguindo o artigo 14.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medios electrónicos.
A presentación de toda a documentación deberá facerse na sede electrónica do Concello de Teo (http://sede.teo.gal). De igual forma, esta obriga de presentación electrónica mantense durante toda a tramitación do expediente.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.
No caso de solicitudes defectuosas ou incompletas, concederase un prazo de 5 días naturais para a súa corrección,
arquivándose sen máis trámites de non se emendaren os defectos en dito prazo.
Podedes consultar as bases completas da convocatoria premendo aquí
Adjunto | Tamaño |
---|---|
BASES BOP FOMENTO IGUALDADE 25-06-2024.pdf | 320.73 KB |