O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Comeza o obradoiro de emprego Habilits con 9 alumnos/as

| compartir:

Esta mañá comezou o Obradoiro de Emprego de Garantía xuvenil Habilits que o Concello de Teo promove xunto co de Santiago. A través deste obradoiro 9 mozos e mozas do Concello de Teo formaranse no Desenvolvemento de Aplicacións con Tecnoloxía Web durante 6 meses, tempo no que contarán cun contrato laboral. Durante esta acción formativa van desenvolver unha aplicación de xestión de información de interese municipal, que se instalará en varios puntos de información repartidos polo Concello. A concelleira de Promoción Económica, Conchi García, visitou aos participantes esta mañá na aula de formación da Casa Común de Oza, onde se imparten as clases.

Durante o mes de outubro comezará a funcionar outro obradoiro de emprego en Teo, esta vez en solitario, denominado Reforesta, no que haberá oito alumnos/as.  Conchi García destaca "a importancia de poder realizar dous obradoiros de emprego este ano en Teo no que se van formar dezasete persoas desempregadas do Concello".

Obradoiro Reforesta

Os/as participantes no obradoiro Reforesta formaranse na especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas e poderán obter un certificado de profesionalidade con validez estatal. O curso durará nove meses durante os que o alumnado terá un contrato laboral. O programa inclúe diferentes actuacións de repoboación con especies autóctonas, podas, talas e limpezas forestais en varias parcelas de titularidade municipal, entre elas unha na zona do Xirimbao.

Esta semana presentáronse as ofertas de emprego, no Servizo Público de Emprego de Galicia, para obter unha preselección de candidatos/as aos postos de dirección, mestre/a da especialidade e alumnado. Agora estase contactando, mediante chamada telefónica, co alumnado preseleccionado polo SPEG.

Os/as seleccionados/as deben ser demandantes de emprego, ter 18 ou máis anos, residir en Teo, ter o Graduado ESO ou as compentencias clave de nivel 2 e ter demandado na oficina de emprego as claves 320, 340 ou 370. Se cumpres eses requisitos é posible que te chamen dende o Concello para concertar unha entrevista. Ese día terían que aportar o informe de vida laboral actualizado (documento orixinal) aos efectos da súa baremación.
De ser o caso tamén deberían achegar a seguinte documentación:

  • Libro de familia ( no caso de ter responsabilidades familiares)
  • Certificado de discapacidade superior ao 33%
  • Documentación acreditativa da pertenza a colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social
  • Documentación acreditativa de ser beneficiaria do programa de fomento da inserción laboral das mulleres vítimas de violencia de xénero. (Implica o acceso prioritario ao obradoiro de emprego)

As entrevistas realizaranse o día 8 de outubro na sala de Xuntas do Concello de Teo. A hora indicarase na chamada telefónica.
Podes consultar as bases de selección do profesorado e do alumnado premendo aquí

Qué é un obradoiro?

Os obradoiros son programas mixtos de formación e emprego ideados para que ideados para que persoas desempregadas poidan mellorar as súas opcións no mercado laboral, tanto coa mellora de cualificación profesional como coa adquisición de experiencia laboral en obras e servizos de utilidade pública e interese social.

 

obradoiro emprego