O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O venres 5 de outubro ás 21:30h Sarabela Teatro presenta a obra "Normas para saber vivir na sociedade actual" dentro da programación do Outubro Teatral. Escrita en 1.993 por Jean Luc Lagarce, o autor contemporáneo máis representado en Francia, parte dun coñecido manual de boas maneiras escrito no século XIX pola inexistente baronesa de Staffle, quen dunha forma sutil dá instrucións de como debemos comportarnos.
Baixo a forma dun divertimento irónico, cómico e en apariencia lixeiro escóndese a crítica feroz a unha sociedade que, coas súas normas e a súa hipocresía, fai imposible a sinceridade.
A entrada é de balde ata completar aforo.