O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as. Ano 2024.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

BASES REGULADORAS PARA A CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS SEN ÁNIMO DE LUCRO E DEPORTISTAS FEDERADOS/AS POLAS ACTIVIDADES REALIZADAS E PARA A PREPARACIÓN DAS DIFERENTES COMPETICIÓNS DURANTE ANO 2024 

No BOP número 133, do xoves 11 de xullo de 2024, saíron publicadas as bases da convocatoria de subvencións a clubs deportivos sen ánimo de lucro e deportistas federados/as para o ano 2024.

 

1ª.— OBXECTO DA CONVOCATORIA 

As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2024, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2024 por un importe total de 47.000 euros, dos que 12.000 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as. 

Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo. 

2ª.— BENEFICIARIOS/AS 

a) Os clubs deportivos sen ánimo de lucro con domicilio social no Concello de Teo, inscritos en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas do Concello de Teo e no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, que participen en competicións de carácter oficial e/ou organicen e/ou promovan actividades deportivas. 

b) Os/as deportistas que cumpran os seguintes requisitos. 

- Ter licenza federativa en vigor no momento da solicitude nalgunha das federacións deportivas recoñecidas pola Administración Deportiva Autonómica de Galicia e/ou polo Consello Superior de Deportes. 

- Estar empadroados/as no Concello de Teo con anterioridade á aprobación destas bases polo menos durante 2 anos. 

- Participar en competicións de carácter oficial e que sexan mínimo de ámbito autonómico ou superior. 

- Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria os/as deportistas que: 

  • Participen en competicións de carácter oficial por equipos en formato de ligas regulares. 

  • Participen en competicións de carácter oficial de ámbito autonómico que non outorgen prazas para as competicións de ámbito estatal da mesma modalidade/especialidade. 

c) Non poderán ter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas que concorran as circunstancias numeradas no artigo 13.2 da Lei 38/2003.

3ª.— ACTIVIDADES E GASTOS SUBVENCIONABLES 

As subvencións que se outorguen ao abeiro das presentes bases, terán como finalidade: 

a) Colaboración en gastos correntes derivados da realización de actividades de participación e/ou promoción deportiva por parte dos suxeitos mencionados no artigo 2º das presentes Bases e, dos gastos de conservación, mantemento ou reparacións menores, necesarios para o desenvolvemento destas no ano 2024. 

b) Gastos ocasionados pola organización de eventos deportivos durante o ano 2024 dentro do territorio municipal. 

c) Aqueles clubs que reciban unha subvención nominativa non poderán concorrer a esta convocatoria co mesmo obxecto de solicitude. 

d) Non serán gastos subvencionables: 

- Os xuros debedores de contas bancarias. 

- Os xuros, recargos e sancións administrativas. 

- Os gastos de procedementos xudiciais.

4ª.— SOLICITUDES 

As solicitudes presentaranse nas instancias formalizadas recollidas nos Anexos I e II e dirixiranse ao concelleiro de Deportes. 

Recordáselles que conforme ao disposto no artigo 14 de la Lei 39/2015 de outubro, de procedemento das administracións públicas, as persoas xurídicas (clubs e entidades) están obrigadas a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo. 

En consecuencia, deberán presentar de forma electrónica a súa documentación na sede electrónica de este Concello a través do seguinte enlace: https://sede.teo.gal/sxc/gl/procedimientosytramites/tramites/Solicitudsubvenciones_N  

Resulta imprescindible que para identificarse na sede electrónica se utilice o certificado dixital da empresa. 

As persoas físicas (deportistas) poden presentar pola mesma vía ou no rexistro xeral do Concello (presencial). 

Soamente pode presentarse unha única solicitude por club para unha ou varias modalidades. 

No caso dos/as deportistas soamente pode presentarse unha única solicitude para unha única modalidade ou especialidade. 

As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP.