O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Rematamos o outubro teatral co novo espectáculo de Xoán Curiel e a Bando do verán, A casa do terror, este mércores 31 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Constante Liste da Ramallosa. Dende o Departamento de cultura animan a asistir disfrazados/as e tamén indican que a entrada é de balde ata completar aforo. A casa do terror é unha aventura na que un grupo de amigos se ve obrigado a durmir nunha casa encantada e vive aventuras divertidas e terroríficas relacionadas coa música, a amizade e a superación dos propios medos.