O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O sábado 3 de novembro ás 21:30 horas no Auditorio Constante Liste -A Ramallosa , a compañía A Panadaría presenta en colaboración co Centro Dramático Galego "Elisa e Marcela" . Gañadora de gran número de premios, entre eles catro María Casares (Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Texto Orixinal e Mellor Actriz Protagonista), relata a historia de dúas mulleres, Elisa e Marcela, que casaron no 1901 na igrexa de San Xurxo na Coruña converténdose no primeiro matrimonio homosexual de España. Dirixida a un público adulto, a obra aborda en clave de humor o casamento e os posteriores sucesos que envolven a súa historia.
A entrada é de balde ata completar aforo