O Servizo de Bono Social Eléctrico suspéndese no mes de agosto

Convocatoria dun novo proceso selectivo para a contratación de 4 persoas desempregadas ao abeiro do programa PEL Concellos 2024.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Puntuacións obtidas polas persoas aspirantes logo de realizar a fase de oposición e o resultado final do proceso selectivo. 

En virtude dos resultados obtidos, e de acordo coas bases que rexen a convocatoria, o tribunal propón á Alcaldía a contratación de D. José Manuel Berridi Leiro e de Dª. Tamara Sánchez Ribadas como peóns de obra pública para o Concello de Teo ao abeiro da concesión de subvención da Excma. Deputación de A Coruña, Programa PEL-CONCELLOS 2024, de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais nos concellos da provincia, incluído na Liña 1.1 do Plan de emprego local (PEL) (BOP nº 206, de 27/10/2023). 

Seguindo a Base sétima das que rexen a convocatoria, as persoas propostas deberán presentar, ata o 30 de agosto de 2024, a documentación actualizada indicada nesa base. 
 

---- X ----

 

RESULTADO BAREMACIÓN DOS MÉRITOS E REALIZACIÓN DE PROBAS PRÁCTICAS

Publícase o resultado da baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo. 

Así mesmo, emprázase ás persoas aspirantes, para a realización das probas prácticas, o vindeiros martes 27 de agosto nos seguintes lugares e horas: 

  • Primeiro exercicio: Ás 10.00 horas na nave de obras do Concello (Lucí). 

  • Segundo exercicio: Ás 12.00 horas na Sala de Xuntas do Concello de Teo. 
     

 

---- X ----

 

LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO DE PEÓNS/PEOAS DE OBRA PÚBLICA. PEL CONCELLOS 2024. 

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar catro (4) postos de peón de obra pública para o Concello de Teo (PEL CONCELLOS 24). 

Convócase ao tribunal para o venres 23 de agosto de 2024, ás 10.00 da mañá na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo. 
 

---- X ----

 

LISTA PROVISIONAL DO PROCESO SELECTIVO DE PEÓNS/PEOAS DE OBRA PÚBLICA. PEL CONCELLOS 2024. 

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar catro (4) postos de peón/peoa de obra pública para o Concello de Teo (PEL Concellos 2024). Trátase dunha contratación subvencionada pola Excma. Deputación da Coruña. 

As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais (ata o 19 de agosto incluído), contados a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo.

Este programa está subvencionado pola Deputación da Coruña.