O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo recunca no Festival Atlántica 2019 e acolle dous espectáculos

| compartir:
Parroquia
Cacheiras

O Festival Atlántica vén de anunciar a programación da súa sétima edición, que se vai celebrar entre os días 11 e 23 de marzo. A presentación tivo lugar este martes, 21 de febreiro, nunha rolda de prensa na que participaron Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación provincial da Coruña, Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Jesús Basterrechea, concelleiro da Área de Cultura e Educación, Universidade, Deportes, Turismo e Festas de Ferrol, Mª del Pilar Pérez Faxil, concelleira de Cultura e Educación de Teo, Lara Rodríguez, concelleira de Cultura de Lalín, e Soledad Felloza, directora do Festival Atlántica.

Compostela, Ferrol, Lugo, Lalín, Teo, Pazos de Borbén, A Fonsagrada, Viveiro, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Coruña, Ourense, Vigo, Rianxo, Drión e Cuntis. En total, trinta artistas procedentes de Xapón, Portugal, Euskadi, Zamora, Sevilla, Tenerife, Madrid, Teruel, Guadalaxara, Alacante e Galicia protagonizarán as 91 actuacións que xa están programadas e que aínda poderían ser máis.

Seguindo a liña doutras edicións, Atlántica volve brindar espectáculos para todos os públicos e en espazos diversos. Recuncarán as contadas en lingua de signos, para bebés e para os maiores, e tamén unha das actividades con mellor acollida do festival: os roteiros con contos. As historias tomarán os teatros, as bibliotecas, os centros cívicos, os bares, as rúas, os parques en mesmo os cemiterios. O festival vai estrear novos formatos como os contos de orella á orella nas rúas, as contadas cos cans nos parques e tamén haberá tapas atlánticas nos bares e tabernas.

Ademais, nesta edición Atlántica súmase á celebración de Luis Seoane facendo unha chiscadela ao seu cadro ‘As mariscadoras’ no cartel oficial porque, en palabras da directora do festival, “os contadores somos mariscadoras”. Outra figura que tamén será homenaxeada é a de Antonio Fraguas por ser un referente da investigación.

Para rematar, cómpre salientar que a información sobre os contadores e contadoras deste ano xa está publicada na web do festival (http://festivalatlantica.gal/), que nesta edición incorpórase ao dominio .gal. Tamén está dispoñible o programa das actuacións e mais o prezo das entradas e os lugares de venda. Ademais, as entradas para os espectáculos que se celebrarán no Teatro Principal xa poden adquirirse na web https://entradas.abanca.com

Presentación Festival Atlántica 2019

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
ATL_TEO.jpg 476.03 KB