O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O sábado 16 de marzo ás 18:00 horas, na BPM do Grilo teremos "Historias de risa sen présa" a cargo de Maricuela. Enmarcado nos espectáculos do festival Atlántica 2019, este contacontos amosa como hai un conto para cada momento, para un momento apagado sairá un conto acendido, se está triste, un conto contento, e se é verde, un amarelado. Teño contos de sobremesa, de sobrecadeira, de sobresolo… para espertar ao leirón e durmir á curuxa e ao moucho. Nun momento, un conto entrará polas orellas, baixará por un tobogán ata a alma e alí quedará asando castañas.
Espectáculo con palabras, obxectos, monicreques, poemas, libros, cantos e contos.
A entrada é de balde ata completar aforo.
Maricuela traballa desde 1992 como clown e contacontos. Imparte talleres de teatro e clown e de narración para nenos, novos e adultos. Escribe en varias revistas especializadas en literatura e narración, ten publicados varios álbums infantís e conta tamén os seus propios contos. Define o seu espectáculo como un conto para cada momento, para un momento apagado sairá un conto aceso, se está triste un conto contento, e se é verde un amarelado. Ten contos de sobremesa, de sobresilla, de sobrechán… para espertar ao leirón e durmir á curuxa e ao moucho. Nun momento, un conto entrará polas orellas, baixará por un tobogán ata a alma e alí quedará asando castañas.