O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Os actos de conmemoración do Día da muller rematan o xoves 14 de marzo cun obradoiro sobre o libro de Carme Adán Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. O obradoiro será ás 19:30 horas na Casa Común de Cacheiras. Consistirá nunha breve exposición sobre o tema por parte da autora, lectura de textos e posterior debate coa xente que participe. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono do Centro de Información á Muller (CIM) de Teo. As persoas que asistan poderán vir polo Concello a buscar o libro nos días previos para poder aproveitar mellor o obradoiro.