Corte de auga nos portais 11, 13 e 15 da rúa Loureiro (Os Tilos) o xoves, 4 de xullo, a partir das 9.00 horas

Actos do Día da muller

O Concello de Teo conmemorará o 8 de mar-zo, Día das Mulleres, cun acto institucional programado para o serán do 7 de marzo. O acto institucional do día 7 comezará ás 19:30 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello. Procederase á lectura dun manifesto institucional. De seguido MJ Pérez ofrecerá unha actuación musical. E para rematar proxectarase Noetiña. As mulleres e o mar na Costa da Morte, un documental de 25 minutos de duración dirixido por Gabriela Amor que obtivo o primeiro premio no certame Luísa Villalta, convocado pola Deputación da Coruña.

noetiña
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento