O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O mes de marzo é o mes no que se solicita praza nas escolas infantís municipais de Calo, Os Tilos e A Ramallosa.
Prazos concretos
Para nenos e nenas que xa teñan praza neste curso e queiran renovala para o vindeiro, o prazo de solicitude vai desde o 1 ata o 15 de marzo. Quen pida nova praza disporá para facelo do período entre o 17 de marzo e o 1 de abril. Para obter praza de novo ingreso o neno ou nena ten que nacer antes do 31 de xuño.
Que documentación se necesita?
Os documentos para reservar praza xa se lles facilitan ás persoas solicitantes desde os propios centros aos que asisten durante este curso. Para as solicitudes de novo ingreso a documentación pode obterse en calquera das Escolas Infantís Municipais, na Casa do Concello ou premendo aquí.
Cantas prazas hai?
Tanto en quenda de mañá como de tarde, a escola infantil municipal de Calo dispón de 56 prazas, a da Ramallosa de 74 prazas e a dos Tilos de 41 prazas, distribuídas en niveis de idade de ata un ano, de un a dous anos e de dous a tres anos. En Calo dispoñen de 8 prazas para o primeiro grupo, 13 para o segundo e 20 para o terceiro, ademais dun internivel con 15 prazas. Na Ramallosa son 8, 26 e 40 prazas en cada un dos grupos de idade. Nos Tilos as prazas repártense en 8, 13 e 20 por cada grupo. Para quen desexe ter unha información detallada do proceso, o Concello convoca unha reunión explicativa para o xoves 14 de marzo. Será no Salón de Plenos da Casa do Concello ás 19:00 horas. Darase conta de como é o procedemento de acceso e tamén se poderán recoller os impresos de solicitude de prazas. Para calquera cuestión que xurda sobre este procedemento de acceso ás Escolas Infantís Municipais pódese acudir ao Departamento de Servizos Sociais, ademais de chamar ao teléfono 881 819 356 ou escribir ao correo electrónico eimteo@teo.gal
Adjunto | Tamaño |
---|---|
TABOAS informativas_baremo.pdf | 142.93 KB |
SOLICITUDE DE NOVO INGRESO 2019-2020.pdf | 139.84 KB |