O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Unha visión da feira do San Martiño dende o Arquivo Municipal e a Prensa Local
A Feira de San Martiño de Rúa de Francos é o acontecemento histórico, social, cultural e económico máis relevante na historia do Val da Maía. Moito antes da creación do Concello de Teo, miles de persoas xa ateigaban a Carballeira de Rúa de Francos para participar neste evento de grande arraigo en toda a bisbarra.
A documentación histórica e as antigas crónicas xornalísticas así o demostran, mais tamén achegan numerosas curiosidades e feitos que revelan os cambios experimentados na feira ó longo do século XX. Esta muda ó abeiro dos cambios na sociedade galega e coa chegada de novos adiantos técnicos e as novas modas.
Queredes saber quen eran os "influencers" da feira, de onde procedían os tratantes do gando, que se comía e bebía, que música podías escoitar e bailar, cales eran os postos e as atraccións que tiñan máis éxito?
Na programación do San Martiño 2024 tamén haberá oco para falar dos San Martiños pasados e debater como serán as feiras do século XXI. Estades convidados/as!.