O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O PASO DO TEMPO POLO SAN MARTIÑO DE FRANCOS. Presentación e coloquio

Data e hora

Localización
Carpa Institucional no recinto feiral da Carballeira de Francos na Rúa de Francos, Calo, Teo.
Como chegar

Prazas dispoñibles
58
Inscribirse

Prazas por persoa
4

Unha visión da feira do San Martiño dende o Arquivo Municipal e a Prensa Local

A Feira de San Martiño de Rúa de Francos é o acontecemento histórico, social, cultural e económico máis relevante na historia do Val da Maía. Moito antes da creación do Concello de Teo, miles de persoas xa ateigaban a Carballeira de Rúa de Francos para participar neste evento de grande arraigo en toda a bisbarra.

A documentación histórica e as antigas crónicas xornalísticas así o demostran, mais tamén achegan numerosas curiosidades e feitos que revelan os cambios experimentados na feira ó longo do século XX. Esta muda ó abeiro dos cambios na sociedade galega e coa chegada de novos adiantos técnicos e as novas modas. 

Queredes saber quen eran os "influencers" da feira, de onde procedían os tratantes do gando, que se comía e bebía, que música podías escoitar e bailar, cales eran os postos e as atraccións que tiñan máis éxito?

Na programación do San Martiño 2024 tamén haberá oco para falar dos San Martiños pasados e debater como serán as feiras do século XXI. Estades convidados/as!. 

Observacións
Público xeral: Persoas adultas e familias.
Inscribirse
Coloquio

Outros eventos por vir

Punto de encontro: carpa Institucional no recinto feiral na Carballeira de Francos
Rúa de Francos, Calo, Teo

OBRADOIRO DE CABALIÑOS DE PAU