O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O Concello elabora o IV Plan de Igualdade coa colaboración da cidadanía

| compartir:

 O Concello de Teo está elaborando o IV Plan de igualdade e da prevención da violencia de xénero (2019-2023). Como requisito imprescindible para tal fin elaborouse unha diagnose da situación actual da igualdade no Concello a partir da información achegada polo cadro de persoal. Partindo deste análise propuxéronse uns obxectivos e actuacións que formaran parte do IV Plan de igualdade e da prevención da violencia de xénero.

Antes de proceder á elaboración definitiva, e aprobación polo Pleno Municipal, o Centro de Información á Muller (CIM) pretende recoller e ampliar o maior número de achegas posibles para facer participe a toda a cidadanía.

Por conseguinte, invitamos á cidadanía teense a que visualice o resumo da elaboración do Plan e formule as achegas e suxestións que considere necesarias para a mellora da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no concello de Teo.

As achegas poderanse presentar ben enviando un correo a a cim@teo.gal, ben presentando unha solicitude no rexistro do Concello de Teo. O prazo final de recepción de achegas remata o martes 20 de xuño ás 14:00 h.

Podes consultar o resumo do IV Plan de Igualdade e da prevención da violencia de xénero do concello de Teo aquí.

Igualdade

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
Resumo_Plan_Igualdade_Teo.pdf 507.48 KB