O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
ANUNCIO DE INFORMACIÓN PUBLICA DO PREGO DE CONDICIÓNS DA CONCESIÓN DE ESPAZOS DE TRABALLO NO ETC DE SOLLÁNS E DO PROXECTO DE CONCESIÓN E DE APERTURA DO PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DOS CITADOS ESPAZOS
Aprobado por Decreto de Alcaldía de 2 de xullo de 2019 o Prego de condicións da concesión de espazos de traballo no ETC de Solláns, que rexerá o procedemento para a adxudicación dos mesmos, exponse ao público na secretaria do Concello o citado Prego, xunto co proxecto que servirá de base á concesión, a efectos de reclamacións, durante o prazo 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, de acordo co previsto no artigo 87 do R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais e artigo 96.3 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das Administracións Públicas.
Se dentro de tal prazo se producisen reclamacións ao prego, estas non suspenderán o prazo para a presentación de solicitudes, e serán resoltas pola órgano de contratación.
Simultaneamente, de acordo coa normativa citada, anúnciase a apertura do procedemento de referencia dispoñendo, os que estean interesados e cumpran as condicións e requisitos fixados no prego de condicións, dun prazo de 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, para presentar as solicitudes de participación axustándose ao modelo que figura no prego.
O prego de condicións publicarase no taboleiro de anuncios, na páxina web (www.teo.gal) e na sede electrónica do concello de Teo durante o citado prazo.
De acordo co previsto no prego de condicións faise constar o seguinte:
1.- Entidade adxudicataria.
Organismo: concello de Teo.
Dependencia: Secretaría, onde poderá obter copia do prego de condicións e demais documentos que integran o expediente.
2.- Obxecto.
O obxecto do procedemento é a adxudicación, en réxime de concesión administrativa demanial, dos 20 espazos de traballo do ETC de Solláns.
3.- Duración.
Persoas traballadoras autónomas: 6 meses en xornada estendida (12 horas/dia) ou parcial (6 horas/dia).
Persoas emprendedoras: 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/dia) ou parcial (6 horas/dia).
4.- Garantías.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4,32 € (3% do valor do dominio público obxecto de ocupación).
5.- Obtención de documentación e información.
Concello de Teo. Travesía da Ramallosa nº 38, Teo (A Coruña).
Teléfono: 981815700
Fax: 981809401
Web: www.teo.gal
6.- Presentación de solicitudes.
a) Presentación de solicitudes: As solicitudes para ser adxudicatario/a dos espazos de traballo presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres, de 8 a 14 horas, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, durante o prazo de 30 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de apertura do procedemento de adxudicación no BOP. O anuncio publicouse no BOP número 128 do 9 de xullo de 2019 polo que o prazo remata o 22 de agosto de 2019.
Se o último día do prazo coincidise en inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
No caso de presentarse solicitudes por correo ou noutros rexistros administrativos diferente ao do concello de Teo, a persoa interesada deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data e hora de imposición do envío na Oficina de Correos ou a data de Rexistro de entrada na oficina da administración correspondente, e anunciar á alcaldía a remisión da solicitude, mediante FAX (981809401) ou correo electrónico (servizosxerais@teo.gal) no mesmo día. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a solicitude no caso de que se recibira con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado neste apartado 6.1 do prego. Porén, transcorridos, 10 días naturais seguintes ao da terminación do prazo de presentación, sen terse recibido a solicitude, esta non será admitida en ningún caso.
b) Documentación a presentar: modelo de solicitude segundo prego de condicións e restante documentación sinalada no mesmo.
8.- Tarifas.
Serán as establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización dos espazos de traballo colaborativo de Solláns (BOP nº 228, de 29/11/2018 e BOP nº 82, de 02/05/19)
Publicado en teo.gal o 9 de xullo de 2019.
Publícase o anuncio de información publica do prego de condicións da concesión de espazos de traballo no etc de solláns e do proxecto de concesión e de apertura do procedemento para a concesión dos citados espazos
Aprobado por Decreto de Alcaldía de 2 de xullo de 2019 o Prego de condicións da concesión de espazos de traballo no ETC de Solláns, que rexerá o procedemento para a adxudicación dos mesmos, exponse ao público na secretaria do Concello o citado Prego, xunto co proxecto que servirá de base á concesión, a efectos de reclamacións, durante o prazo 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, de acordo co previsto no artigo 87 do R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais e artigo 96.3 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das Administracións Públicas.
As solicitudes para ser adxudicatario/a dos espazos de traballo presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres, de 8 a 14 horas, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, durante o prazo de 30 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de apertura do procedemento de adxudicación no BOP.
Pode ver aquí o anuncio completo
Podes descargar os anexos ao procedemento nas seguintes ligazóns:
Publicado en teo.gal o 4 de xullo de 2019
Adjunto | Tamaño |
---|---|
PREGO CONDICIÓNS ETC SOLLÁNS.pdf | 1.53 MB |
18.- ANUNCIO TEO ETC DE SOLLÁNS.pdf | 116.7 KB |
ETC. ANEXO I MOD. SOLICITUDE.pdf | 77.51 KB |
ETC. ANEXO II. MOD. PROPOSICION.pdf | 35.82 KB |
ETC. Anexo III DECLARC. XURADA CL. 72C).pdf | 28.07 KB |