O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase a certificación da resolución de adxudicación da concesión do uso privativo de espazos de traballo no ETC
de Solláns
Consulta aquí a resolución completa.
Na resolución resólvese adxudicar a concesión do uso privativo dos espazos de traballo no ETC deSolláns ás persoas e polos períodos que se detallan na citada resolución, con arranxo ao prego de condicións aprobado mediante Decreto da alcaldía de 2 de xullo de 2019 (res.520/2019), ao Regulamento do espazo de traballo colaborativo (ETC) Solláns e demais normativa aplicable.
Publicado en teo.gal o 8 de xuño de 2020.
Publícase a proposta definitiva de adxudicación de espazos de traballo na ETC de Solláns, na que se considera como definitiva a proposta inicial e na que se propoñen definitivamente as persoas adxudicatarias dos espazos de traballo.
Consulta aquí a adxudicación definitiva
Publicado en teo.gal o 28/02/2020.
Publícase a proposta inicial de adxudicación de espazos de traballo na ETC de Solláns.
Consulta aquí a proposta de adxudicación
As persoas que aparecen como adxudicatarias teñen un prazo de 10 días naturais, contadas a partir do día seguinte da publicación da proposta de adxudicación na web, para aboar as taxas correspondentes. O prazo remata o día 20 de febreiro de 2020.
Os que non realicen o citado abono (ou non presente o xustificante) no prazo indicado serán excluídos na proposta definitiva de adxudicaciòn. O aboamento destas tarifas deberá efectuarse na conta que o concello ten na entidade
Banco Sabadell (ES03 0081 2154 71 0001001109).
No xustificante de aboamento deberá facerse constar o concepto polo que se paga “CONCESIÓN DE ESPAZOS DE TRABALLO NO ETC DE SOLLÁNS” e o nome e apelidos do/a proposto/a inicalmente como adxudicatario/a. Tendo en conta o recollido no Regulamento e na Ordenanza do ETC de Solláns, e no prego de condicións que regula o presente procedemento, e sen prexuízo da necesidade de modificar, para coordinar, as normas citadas, a tarifa que se recolle na
presente equivale á primeira mensualidade de utilización do espazo de traballo, o que será debidamente compensado cando se inicie o aproveitamento.
A presente proposta inicial de adxudicación considerarase definitiva unha vez transcorrido o prazo para o aboamento das tarifas, agás que algún dos solicitantes inicialmente incluídos na proposta non aboe as tarifas ou non presente no concello o xustificante correspondente dentro do prazo habilitado ao efecto.
Publicado en teo.gal o 10 de febreiro de 2020
En relación co expediente de adxudicación da concesión de espazos de traballo no ETC de Solláns publícase un requerimento de subsanacións.
No documento acórdase requerir aos solicitantes que subsanen os defectos ou omisións subsanables na solicitude ou documentación presentada.
Consulta aquí o requerimeto de subsanación completo.
Publicado en teo.gal o 19 de decembro de 2019.
O BOP número 138 do 23 de xullo publica o Anuncio de corrección de erro material - ETC de Solláns
No Boletín Oficial da Provincia núm. 128 do 09.07.2019 publicouse o Anuncio de información pública do Prego de condicións da concesión de espazos de traballo no ETC de Solláns e do proxecto de concesión e de apertura do procedemento para a concesión dos citados espazos.
Detectado erro material no punto 3 do mencionando anuncio, é preciso realizar unha corrección, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Así, onde di: “3.- Duración:
Persoas traballadoras autónomas: 6 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día)
Persoas emprendedoras: 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día)”
debe dicir:
“3.- Duración:
Persoas traballadoras autónomas: 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día)
Persoas emprendedoras: 6 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día).”.
Consulta aquí o anuncio publicado no BOP.
Publicado en teo.gal o 23 de xullo de 2019.
No Boletín Oficial da Provincia número 128 do 09:07.2019 publicouse o anuncio de información pública do Prego de condicións da concesión de espazos de traballo no ETC de Solláns e do proxecto de concesión e de apertura do procedemento para a concesión dos citados espazos.
Detectado erro material no punto 3 do mencionado anuncio, é preciso realizar unha corrección, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Así, onde di:
"3.- Duración:
Persoas traballadoras autónomas: 6 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día).
Persoas emprededoras: 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día)."
Debe dicir:
"3.- Duración:
Persoas traballadoras autónomas: 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día).
Persoas emprendedoras: 6 meses en xornada estendida (12 horas/día) ou parcial (6 horas/día)."
Publicado en teo.gal o 18 de xullo de 2019.
Aprobado por Decreto de Alcaldía de 2 de xullo de 2019 o Prego de condicións da concesión de espazos de traballo no ETC de Solláns, que rexerá o procedemento para a adxudicación dos mesmos, exponse ao público na secretaria do Concello o citado Prego, xunto co proxecto que servirá de base á concesión, a efectos de reclamacións, durante o prazo 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, de acordo co previsto no artigo 87 do R.D. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de bens das entidades locais e artigo 96.3 da Lei 33/2003, de 3 de novembro, de patrimonio das Administracións Públicas.
As solicitudes para ser adxudicatario/a dos espazos de traballo presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres, de 8 a 14 horas, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, durante o prazo de 30 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de apertura do procedemento de adxudicación no BOP.
Pode ver aquí o anuncio completo
Podes descargar os anexos ao procedemento nas seguintes ligazóns:
Simultaneamente, de acordo coa normativa citada, anúnciase a apertura do procedemento de referencia dispoñendo, os que estean interesados e cumpran as condicións e requisitos fixados no prego de condicións, dun prazo de 30 días hábiles, a contar dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, para presentar as solicitudes de participación axustándose ao modelo que figura no prego. O anuncio publicouse no BOP número 128 do 9 de xullo de 2019 polo que o prazo remata o 22 de agosto de 2019.
O prego de condicións publicarase no taboleiro de anuncios, na páxina web (www.teo.gal) e na sede electrónica do concello de Teo durante o citado prazo.
De acordo co previsto no prego de condicións faise constar o seguinte:
1.- Entidade adxudicataria.
Organismo: concello de Teo.
Dependencia: Secretaría, onde poderá obter copia do prego de condicións e demais documentos que integran o expediente.
2.- Obxecto.
O obxecto do procedemento é a adxudicación, en réxime de concesión administrativa demanial, dos 20 espazos de traballo do ETC de Solláns.
3.- Duración.
Persoas traballadoras autónomas: 6 meses en xornada estendida (12 horas/dia) ou parcial (6 horas/dia).
Persoas emprendedoras: 3, 6, 9 ou 12 meses en xornada estendida (12 horas/dia) ou parcial (6 horas/dia).
4.- Garantías.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4,32 € (3% do valor do dominio público obxecto de ocupación).
5.- Obtención de documentación e información.
Concello de Teo. Travesía da Ramallosa nº 38, Teo (A Coruña).
Teléfono: 981815700
Fax: 981809401
Web: www.teo.gal
6.- Presentación de solicitudes.
a) Presentación de solicitudes: As solicitudes para ser adxudicatario/a dos espazos de traballo presentaranse no Rexistro Xeral do concello, de luns a venres, de 8 a 14 horas, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da LPACAP, durante o prazo de 30 días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de apertura do procedemento de adxudicación no BOP. O anuncio publicouse no BOP número 128 do 9 de xullo de 2019 polo que o prazo remata o 22 de agosto de 2019.
Se o último día do prazo coincidise en inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
No caso de presentarse solicitudes por correo ou noutros rexistros administrativos diferente ao do concello de Teo, a persoa interesada deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data e hora de imposición do envío na Oficina de Correos ou a data de Rexistro de entrada na oficina da administración correspondente, e anunciar á alcaldía a remisión da solicitude, mediante FAX (981809401) ou correo electrónico (servizosxerais@teo.gal) no mesmo día. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a solicitude no caso de que se recibira con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado neste apartado 6.1 do prego. Porén, transcorridos, 10 días naturais seguintes ao da terminación do prazo de presentación, sen terse recibido a solicitude, esta non será admitida en ningún caso.
b) Documentación a presentar: modelo de solicitude segundo prego de condicións e restante documentación sinalada no mesmo.
8.- Tarifas.
Serán as establecidas na ordenanza fiscal reguladora da taxa pola utilización dos espazos de traballo colaborativo de Solláns (BOP nº 228, de 29/11/2018 e BOP nº 82, de 02/05/19)
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Certif. Res 480 e 482_adxudicacionusoespazostraballo.pdf | 116.02 KB |
PROPOSTA INICIAL DE ADXUDICACIÓN_espazosETC_0.pdf | 182.12 KB |
SUBSANAC_ACTA INFORMES AEDL E REQUERIMENTOS SUBSANACION.pdf | 197.21 KB |
anunciocorreccionerromaterial_etcsollans.pdf | 116.56 KB |
PREGO CONDICIÓNS ETC SOLLÁNS.pdf | 1.53 MB |
18.- ANUNCIO TEO ETC DE SOLLÁNS.pdf | 119.18 KB |
ETC. ANEXO I MOD. SOLICITUDE.pdf | 77.51 KB |
ETC. ANEXO II. MOD. PROPOSICION.pdf | 35.82 KB |
ETC. Anexo III DECLARC. XURADA CL. 72C).pdf | 28.07 KB |
50.- PROPOSTA DEFINITIVA DE ADXUDICACIÓN asdo.pdf | 141.74 KB |