O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase a resolución de aprobación da contratación de 2 (dous) operarios de servizos múltiples e a bolsa de emprego.
Consulta aquí a resolución completa
Publicado en teo.gal o 2 de xullo de 2021.
Publícanse os resultados finais do proceso de selección para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos múltiples.
O tribunal propón o nomeamento como operario de servizos múltiples do Concello aos aspirantes seguintes:
Consulta aquí os resultados finais do proceso selectivo.
Publícanse os resultados finais da fase de concurso do proceso de selección para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos múltiples, unha vez valoradas as reclamacións presentadas á baremación publicada.
Os aspirantes que persentaron reclamación á baremación poderán persoarse nestas dependencias para comprobar a puntuación definitiva.
Consulta aquí os resultados finais da baremación
Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2021.
Publícanse os resultados da fase de concurso do procedemento de selección convocado para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos múltiples.
Consulta aquí os resultados da fase de concurso
Ábrese un prazo de 10 días hábiles para os efectos de alegacións que irá do 3 ao 16 de xuño de 2021.
Publicado en teo.gal o 2 de xuño de 2021
Publícanse os resultados do segundo exercicio da fase de oposición do procedemento de selección convocado para cubrir dúas prazas de operario de servizos múltiples do Concello de Teo.
Consulta aquí o resultado
Ábrese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións. O prazo de alegacións vai do 11 ao 26 de maio.
Publicado en teo.gal o 10 de maio de 2021.
Publícanse os resultados definitivos do primeiro exercicio da fase de oposición do procedemento de selección convocado para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos múltiples do Concello de Teo.
Reunido o tribunal o día 27 de abril para valorar as alegacións presentadas ao primeiro exercicio, o tribunal acorda anular as preguntas nº 54 e nº 71, pasando a formar parte do exame as preguntas 3 e 4 de reserva, polo que se procede a unha nova corrección, resultando as puntuacións que a continuación se relacionan
Consulta aquí os resultados definitivos do primeiro exercicio.
A proba práctica realizarase o día 5 de maio, segundo o indicado e os aspirantes deberán vir provistos de calzado de seguridade. Este exercicio terá lugar o mércores 5 de maio de 2021 na nave de obras do Concello, sita no lugar de Lucí, número 58. As persoas aspirantes convocadas para o segundo exercicio están citados por grupos reducidos en horarios concretos. Podes consultar aquí os horarios do segundo exercicio.
Publicado en teo.gal o 4 de maio de 2021.
Publícase unha corrección de erros ao resultado do primeiro exercicio da fase de oposición do procedemento de selección convocado para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos múltiples do Concello de Teo.
Detectado un erro na folla de respostas do 1º exame (2º pregunta de reserva), que afecta ao resultado da puntuación, reúnese o tribunal para proceder a unha nova corrección do mesmo, sendo os resultados os que a se poden consultar a continuación.
Preme aquí para ver a corrección de erros
Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2021.
Publícanse os resultados do primeiro exercicio da fase de oposición do procedemento de selección convocado para cubrir dúas prazas de operario/a de servizos múltiples do Concello de Teo.
Consulta aquí o resultado e a data da segunda proba
Ábrese un prazo de (10) dez días hábiles para os efectos das alegacións, prazo que se contará dende a publicación do resultado do exame no taboleiro do Concello, no lugar do exame e na web municipal. Deste xeito o prazo de alegacións esténdese do 13 de abril ao 26 de abril de 2021.
O segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o mércores 5 de maio de 2021 na nave de obras do Concello, sita no lugar de Lucí, número 58. As persoas aspirantes convocadas para o segundo exercicio están citados por grupos reducidos en horarios concretos. Podes consultar aquí os horarios do segundo exercicio.
Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2021.
Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a selección e contratación, como persoal laboral fixo, polo sistema de concurso – oposición, de dúas prazas de operario/a de servizos múltiples do Concello de Teo.
Consulta aquí a resolución completa coa lista definitiva e data de exame.
A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 8 de abril de 2021, ás 12.30 horas, debendo presentar as persoas aspirantes a documentación identificativa. O exercicio desenvolverase na Casa Común de Rarís, lugar de Rarís, nº 92, Teo.
Publicado en teo.gal o 19 de febreiro de 2021
Publícase unha nota informativa sobre a reanudación dos prazos administrativos suspendidos polo RD 463/2020, do 14 de marzo.
O Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE nº 67, do 14/03/2020) establece na súa disposición adicional terceira: “Suspéndense termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do
sector público. O cómputo dos prazos renovarase no momento en que perda vixencia o presente real decreto ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo”.
Pola súa parte, o Real Decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE nº 145, do 23/05/2020), acorda no seu artigo 9: “Con efectos desde o 1 de xuño de 2020, o cómputo dos prazos administrativos que fosen suspendidos renovarase, ou se reiniciará, se así se previu nunha norma con rango de lei aprobada durante a vixencia do estado de alarma e as súas prórrogas.”
De acordo co anterior, os procedementos que quedaron suspendidos a partir do 14 de marzo de 2020 retomaranse, debéndose contar os días transcorridos ata ese momento e completar os que resulten precisos para os trámites que resultaran preceptivos.
A estes efectos debe terse en conta que, con carácter xeral, os prazos retómanse, a partir do luns 1 de xuño, polo período que reste, sen que en ningún caso volvan a contar desde o seu inicio. Como consecuencia do anterior, retómanse os prazos para as reclamacións ou corrección de defectos das listas provisionais dos seguintes procesos selectivos que estaban abertos no momento da declaración do estado de alarma:
Publicado en teo.gal o 29 de maio de 2020.
Publícase a resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para as dúas prazas de Operario de Servizos Múltiples.
Consulta aquí a lista provisional
O prazo de reclamacións é de 10 días hábiles. Dado que a publicación se fai o 3 de marzo de 2020 o prazo de reclamacións estará aberto do mércores 4 de marzo ata o martes 17 de marzo, ambos os dous incluídos.
Publicado en teo.gal o 3 de marzo de 2020.
NOTA ACLARATORIA SOBRE A TITULACIÓN ESIXIDA PARA PARTICIPAR NO PROCESO SELECTIVO:
De conformidade co previsto no artigo 3 da Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharel regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación:
Son equivalentes ao título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, aos únicos efectos de acceso a empregos públicos e privados, os títulos de Bacharel Elemental derivados dos plans de estudos anteriores á Lei 14/1970, do 4 de agosto, ou na súa falta, a superación de:
a) Catro cursos completos de Bacharelato por calquera dos plans de estudos anteriores á Lei 14/1970, do 4 de agosto, sen probas de conxunto ou sen reválida,
b) Cinco anos completos de Bacharelato Técnico ou Laboral, sen probas de conxunto ou sen reválida,
c) Catro cursos completos de Humanidades da carreira eclesiástica.
Igualmente, o Certificado de Estudos Primarios derivado da Lei 17/07/1945 de Educación Primaria e da Lei 21/12/1965 de Reforma da Educación Primaria, será equivalente aos únicos efectos de acceso a empregos públicos e privados, ao título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
O BOE número 4 do 4 de xaneiro de 2020 publica a convocatoria de dúas prazas de operario de servizos múltiples do cadro de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de concurso-oposición en quenda libre.
O prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso é de 20 días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación. Neste caso, que a publicación foi o 4 de xaneiro, o seguinte día hábil é o 7 de xaneiro. En consecuencia, o prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o día 7 de xaneiro ao 3 de febreiro, ambos os dous incluídos.
As bases completas que regulan a convocatoria podes consultalas premendo aquí
Descarga aquí o modelo se solicitude para participar no proceso selectivo
O anuncio desta convocatoria publicouse no BOP número 235 do 11 de decembro e no DOG número 246 do 27 de decembro de 2019.
Publicado en teo.gal o 7 de xaneiro de 2020.
Publícase no BOP número 235 do 11 de decembro o anuncio da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, por persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples correspondentes ás ofertas de emprego público dos anos 2016 e 2017.
A resolución da Alcaldía nº 974/2019 do Concello de Teo de data 2 de decembro de 2019 aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, de dúas (2) prazas de operario/a de servizos múltiples, mediante o sistema de concurso – oposición. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
As bases reguladoras que rexerán a convocatoria podes consultalas premendo aquí.
Publicado en teo.gal o 11 de decembro de 2019.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
Resultados 1º exercicio_servizosmultiples_publicado04_05_2021.pdf | 394.84 KB |
resultadoprimeiroexercidio_operario servizos multiples.pdf | 215.48 KB |
Lista definitiva e data exame operario servizos múltiples.pdf | 84.1 KB |
Listas provisionais operario servizos múltiples.pdf | 104.6 KB |
CORRECCION DE ERROS.pdf | 118.46 KB |
Resultados 2º exercicio operario.pdf | 463.74 KB |
resultados fase concurso.pdf | 87.17 KB |
resultadofaseconcurso_servizosmultiples.pdf | 76.24 KB |
resultados finais_servizosmultiples.pdf | 101.71 KB |
contratacion_operariosservizosmultiples_aprobacionbolsa.pdf | 90.85 KB |