Corte de auga nos portais 11, 13 e 15 da rúa Loureiro (Os Tilos) o xoves, 4 de xullo, a partir das 9.00 horas

Charla sobre a plantación masiva de eucaliptos #emerxenciaclimática

O mércores 15 ás 19:30 horas na Casa do Concello realízase unha charla sobre a plantación masiva de eucaliptos nos nosos montes. Un biólogo explicará as consecuencias ambientais e a problemática social da actual política de plantacións, Joám Evans, da entidade Verdegaia. E Gonzalo Rodríguez, profesor universitario, exporá cal é o custo real da plantación masiva desta especie. Esta charla enmárcase nun ciclo de charlas de información sobre temas medioambientais que atenderá a crecente presenza da emerxencia climática en todas as axendas, ao tratarse dun perigo real e cercano para o noso sistema de vida.

 

emerxencia climática
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento