O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
ACTA DA PROBA PRÁCTICA.
De acordo coas bases que rexen a convocatoria o Tribunal ACORDA:
1º. Cualificar ao aspirante Cancela Suárez Juan como apto.
2º. Cualificar ao aspirante Farto Vilanova Jorge como non apto.
3º. Propoñer á Alcaldía a contratación de Juan Cancela Suárez, DNI **8164*** como traballador forestal (Categoría OF. 2ª GC8), por período de nove (9) meses, xornada completa, ao abeiro da concesión de subvención para o fomento do emprego no medio rural APROL RURAL 25 (DOG nº 50, de 13/03/2025).
Publicado en teo.gal o martes, 22 de xullo de 2025.
ACTA VALORACIÓN DE MÉRITOS.
De conformidade co establecido nas bases da convocatoria, procédese a valorar os méritos achegados e xustificados polos aspirantes admitidos, aplicando a valoración que se recolle no Anexo I das citadas bases.
Publicado en teo.gal o luns, 21 de xullo de 2025.
LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO - TRABALLADOR FORESTAL - APROL RURAL 2025, SEGUNDA CONVOCATORIA.
Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un (1) posto de traballador forestal para o Concello de Teo (APROL RURAL 25) - segunda convocatoria.
Convócase ao tribunal na Casa Consistorial, para a súa constitución e para a realización da baremación de méritos, ás 09:00 horas do luns 21 de xullo de 2025.
Convócase ás persoas aspirantes admitidas para o vindeiro día 22 de xullo de 2025, ás 11:00 horas, na nave do Concello sita no lugar de Lucí nº58, aos efectos da realización da proba páctica.
Publicado en teo.gal o xoves, 17 de xullo de 2025.
LISTA PROVISIONAL DO PROCESO SELECTIVO - TRABALLADOR FORESTAL.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar un (1) posto de traballador forestal para o Concello de Teo (APROL RURAL 25) - segunda convocatoria.
As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de persoas admitidas ou excluídas, disporán dun prazo de tres (3) días naturais contado a partir do seguinte ao da publicación da presente resolución no taboleiro de anuncios do Concello para reclamacións ou subsanación de defectos. Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non subsanasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo.
De non se presentar reclamacións ou subsanacións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.
Publicado en teo.gal o mércores, 9 de xullo de 2025.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Lista provisional APROL segunda convocatoria..pdf | 128.75 KB |
| Lista definitva taboleiro tedec.pdf | 129.02 KB |
| acta valoracion meritos.pdf | 52.18 KB |
| acta proba práctica.pdf | 74.49 KB |