O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O edicto de aprobación do padrón fiscal da taxa por abastecemento, saneamento e depuración do Concello de Teo do 1º trimestre do 2020 publicouse no Boletín Oficial da Provincia número 68 do martes 12 de maio.
Consulta aquí a publicación no BOP.
Publícase o edicto de aprobación do padrón fiscal da taxa por abastecemento, saneamento e depuración do Concello de Teo do 1º trimestre do 2020.
Por decreto da Alcaldía de data 6 de maio aprobouse o padrón fiscal do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas do Concello de Teo correspondente ao 1º trimestre do exercicio 2020. Por un importe total de douscentos corenta e seis mil trescentos dezasete euros con dezaoito céntimos (246.317,18 €).
O citado padrón estará a disposición do público durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na casa consistorial do Concello de Teo. Os prazos de pago son os determinados no calendario fiscal 2020 da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración, rematando para este primeiro trimestre o 31 de xullo de 2020.
Carga de recibos domiciliados: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes, o día 05/06/2020.
Lugar de ingreso: Os recibos non domiciliados poderán ingresarse nas oficinas da entidade bancaria colaboradora Abanca, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ao domicilio declarado polo contribuínte por correo ordinario.
No caso de non recibir no seu domicilio, ou de perda do devandito instrumento, o obrigado ao pagamento poderá obter un duplicado no Servizo de Augas de Teo (Travesía da Ramallosa nº 38) ata o 31/07, e efectuar o pagamento nos prazos antes indicados, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento e non impide a utilización da vía de constrinximento.
Días de ingreso: días hábiles nos horarios de caixa establecidos pola entidade colaboradora para o pagamento dos recibos non domiciliados.
Consulta aquí o edicto completo.
Publicado en teo.gal o 8 de maio de 2020.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
EDITO PUBLICACION PADRON AUGA 1º TRIMESTRE 2020.pdf | 198.77 KB |