O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O CIM programa un taller en liña sobre novas masculinidades os días 18, 25 e 30 de xuño de 17:00 a 19:00 horas. O obradoiro titúlase Repensando roles e estereotipos: novas masculinidades para a transformación social. Estas sesións buscan emprender un proceso de revisión dos nosos patróns persoais e relacionais para camiñar cara unha sociedade máis xusta. No momento presente que estamos a vivir, de crise social e confinamento, abordar estes temas é especialmente relevante. Todos os informes emitidos nestas semanas apuntan a que a corentena afondou nas desigualdades de xénero, colocando de novo ás mulleres na primeira liña dos coidados.
As sesións terán unha duración de dúas horas cada unha, e celebraranse de maneira sincrónica con todas as participantes a través da plataforma Zoom.
Esta actividade é de balde pero é preciso anotarse. Para inscribirse ou pedir máis información hai que chamar ao número do CIM: 981.938.475 ou enviar un correo electrónico a cim@teo.gal.
Máis información sobre as actividades da Concellaría de Igualdade neste mes de xuño premendo aquí