O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase o anuncio de creación da bolsa de emprego de traballador/a social.
Por Resolución de Alcaldía nº 1162/2020, de data 18.12.2020, unha vez concluído o pertinente proceso selectivo, créase a bolsa de emprego de persoal temporal para cubrir os postos de traballador/a social deste Concello, coa seguinte relación de persoas que podes consultar premendo aquí
Os chamamentos produciríanse atendendo á orde de prelación das citadas persoas e en función das necesidades existentes.
Tamén se publica a resolución da alcaldía de creación da bolsa de emprego de traballador/a social, que podes consultar completa premendo aquí
Publicado en teo.gal o 21 de decembro de 2020.
Publícase a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, mediante sistema de oposición, para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego de traballadoras/es sociais.
Consulta aquí o documento completo
Publícase a proposta da relación de persoas aspirantes que integrarán a bolsa de emprego temporal para a categoría de traballador/a social, ordenadas de maior a menor puntuación que podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2020.
Publícanse as puntuaciós do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de traballadoras/es sociais.
Consulta aquí as puntuacións
Celebrado o día 19 de novembro de 2020 o primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, da oposición convocada para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación de traballadoras/es sociais no Concello de Teo, e de acordo co previsto na base 9.1A) das que rexen a convocatoria, con data de 23 de novembro de 2020, publicouse no Auditorio Constante Liste, lugar onde se realizou o exercicio, e na páxina web municipal (www.teo.gal), o contido do exercicio e as respostas correctas, concedéndose un prazo de tres (3) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, prazo que rematou o 26 de novembro de 2020.
Con data de 24 de novembro de 2020 (REX. 999 nº entrada 2205), D.ª Graciela Rivas Nogueira presentou unha reclamación solicitando a anulación da pregunta número 66, sobre emerxencia social do Concello de Teo, ao entender que esa ordenanza non se atopaba recollida no temario publicado na convocatoria. A citada reclamación foi estimada polo Tribunal, no día da data, acordando anular a pregunta 66, que se da por non formulada, e substituíla pola primeira pregunta de reserva (base 9.1 A).
De acordo co exposto e co previsto na base 9.2 das que rexen a convocatoria, recóllense na presente as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes para a súa publicación no Auditorio Constante Liste, lugar onde se realizou o exercicio, e na páxina web municipal (www.teo.gal), concedéndose un prazo de tres (3) días hábiles para os efectos de alegacións e/ou reclamacións, prazo que se contará dende o día seguinte ao da publicación do presente nos lugares indicados, que terá lugar no día da data, rematando polo tanto o mércores 2 de decembro.
Na resolución publicada, que podes consultar aquí, recóllese a listaxe de persoas que integrarán a bolsa coa puntuación e orde.
Publicado en teo.gal o 27 de novembro de 2020
Publícanse as respostas do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de traballadoras/es sociais.
Celebrado o día 19 de novembro de 2020 o primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, da oposición convocada para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación de traballadoras/es sociais no Concello de Teo, e de acordo co previsto na bases 9.1 a) e 9.2 das que rexen a convocatoria, faise público o contido do exercicio e as respostas correctas para a súa publicación no Auditorio Constante Liste, lugar onde se realizou o exercicio, e na páxina web municipal (www.teo.gal), concedéndose un prazo de tres (3) días hábiles para os efectos de alegaciónse/ou reclamacións, prazo que se contará dende a publicacióndo presente nos lugares indicados, que ten lugar o 23 de novembro. Polo tanto o prazo de reclamacións será do 24 ao 26 de novembro de 2020 (ambos incluídos).
Consulta aquí as respostas do primeiro exercicio.
Publicado en teo.gal o 23 de novembro de 2010.
Instrucións para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego para a contratación temporal de traballadores/as sociais no Concello de Teo.
Mediante Decreto da Alcaldía do 3 de novembro de 2020 (res. 986/2020), quedou fixada a realización do primeiro exercicio o día 19 de novembro de 2020, ás 12:30 hs, no edificio do Auditorio Municipal “Constante Liste”, rúa da Lagoa, Ramallosa.
Atendendo a un criterio de prudencia e en aplicación do disposto no anexo II da Orde da Consellería de Sanidade do 4 de novembro de 2020 (DOG nº 223 bis, do04/11/2020), solicitouse a correspondente autorización á Dirección Xeral de Saúde Pública.
O martes 17 de novembro de 2020, remitiuse pola citada Dirección Xeral un documentono que se recollen os requisitos mínimos para autorizar a realización de exames. De acordo co exposto e co fin de dar cumprimento ás esixencias establecidas nanormativa aplicable e ás comunicadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública, procédese a publicar a seguinte documentación:
3.- Documento relativo á comunicación previa das medidas de prevención e normas.
Publicado en teo.gal o 18 de novembro de 2020.
Mediante Resolución da Alcaldía do 23 de outubro de 2020 (nº 958/2020) aprobouse a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas do proceso convocado para aconstitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con caráctertemporal de traballadoras/es sociais, e acordouse a realización do primeiro exercicio para o día 10 de novembro de 2020, ás 11.00 horas no Auditorio Municipal “ConstanteListe”, rúa da Lagoa, Ramallosa, resultando convocadas un total de 47 persoas.
Considerando o Real Decreto 926/2020, de 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.Tendo en conta o disposto no Decreto 178/2020, do 30 de outubro, do Presidente daXunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais daComunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición deautoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Realdecreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma paraconter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.
Tendo en conta a Orde do 30 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxicaderivada do COVID-19 nos concellos de Santiago de Compostela, Ames e Teo. Considerando que a actual situación epidemiolóxica provoca que as distintas Administracións competentes modifiquen a normativa aplicable a aquela para adaptarse ás circunstancias que mudan constantemente.
Dado que os poderes públicos deben velar pola saúde e integridade das persoas, e ávista da normativa anteriormente sinalada.
Considerando todo o exposto e, especialmente, que o día inicialmente sinalado (10 denovembro) non vai ser posible realizar o primeiro exercicio no Auditorio Municipal“Constante Liste”, rúa da Lagoa, Ramallosa, ao atoparse previamente reservado.
En virtude do exposto e no uso das facultades que me confire o artigo 21.1 da Lei7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e demais normativaaplicable,
RESOLVO:
Primeiro.- Convocar aos membros do tribunal cualificador para o día 19 de novembrode 2020, ás 8.00 horas, na Casa Consistorial.
A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 19 de novembro de 2020, ás12.30 horas, debendo presentar as persoas aspirantes a documentación identificativa. Os exercicios desenvolveranse no edificio do Auditorio Municipal “Constante Liste”, rúada Lagoa, Ramallosa.
Segundo.- Facer pública a presente resolución, mediante a súa publicación notaboleiro de anuncios, na páxina web e na sede electrónica deste Concello:www.teo.gal e notificala aos membros do tribunal cualificador.
Publicado en teo.gal o 4 de novembro de 2011
Publícase a resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista definitiva da bolsa de emprego de traballador/a social para o Concello de Teo.
Consulta aquí a lista definitiva completa
Acórdase convocar aos membros do tribunal cualificador para o día 10 de novembro de 2020, ás 8.30 horas, na Casa Consistorial.
A realización do primeiro exercicio terá lugar o día 10 de novembro de 2020, ás 11.00 horas, debendo presentar as persoas aspirantes a documentación identificativa. Os exercicios desenvolveranse no edificio do Auditorio Municipal “Constante Liste”, rúa da Lagoa, Ramallosa.
AVISO. Tendo en conta a situación sanitaria a data de exame poderá sufrir modificacións en base á evolución da situación epidemiolóxica do Concello de Teo.
Publicado en teo.gal o 23 de outubro de 2020
Publícase a resolución da Alcaldía pola que se aproba a lista provisional da bolsa de emprego de traballador/a social.
Consulta aquí a lista provisional completa
De conformidade co previsto na base sétima das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos. A publicación da lista provisional realízase o 27 de xullo.
En consecuencia, o devandito prazo de reclamacións esténdese entre os días 28 de xullo e 3 de agosto ambos os dous incluídos.
Publicado en teo.gal o 27 de xullo de 2020.
Publícase o anuncio da convocatoria do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadoras/es sociais do Concello de Teo
En virtude do exposto nas Bases específicas o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, o prazo estenderase entre os días mércores 1 e o martes 14 de xullo, ambos os dous incluídos.
Descarga aquí a instancia para participar no proceso
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 79, de data 3 de xuño de 2020, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
NOTA IMPORTANTE. Tendo en conta a recepción dun elevado número de instancias con anterioridade á apertura do prazo de presentación daquelas, cómpre sinalar o seguinte:
1. Todas aquelas persoas que presentaron no seu momento a súa instancia, antes da apertura do prazo, deberán novamente presentala xunto coa documentación correspondente, sinalada nas Bases Específicas.
2. As instancias presentaranse no Rexistro do Concello ou ben por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas concordantes e/ou substitutivas deste artigo), tal e como se indica na Base Quinta da convocatoria. Só neste suposto comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do prazo de presentación de instancias por fax ao número: 981 809 401, por correo electrónico ao enderezo: rrhh@teo.gal, ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da instancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO – TRABALLADOR/A SOCIAL. En ningún caso será válida a presentación de instancias por correo electrónico.
3. Dado o elevado número de instancias presentadas fóra de prazo e ante a imposibilidade de tramitar a devolución das taxas xa abonadas, por mor das actuais circunstancias, non se procederá á devolución daquelas. Non obstante o anterior, coa presentación da instancia no prazo administrativo oportuno deberá achegarse novamente a copia do pagamento das taxas abonadas no seu momento.
Publicado en teo.gal o 30 de xuño de 2020
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.
Publícase no BOP número 79 do 3 de xuño o anuncio da convocatoria e bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadores/as sociais no Concello de Teo.
Por resolución da Alcaldía nº 417/2020 do Concello de Teo de data 27 de maio de 2020, aprobáronse a convocatoria e as bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de traballadoras/es sociais no Concello de Teo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria.
Mentres non se produza a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia NON ESTÁ ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS para a constitución da bolsa de emprego. Unha vez que saia no DOG publicarase oportunamente no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de Transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal.
Publicado en teo.gal o 3 de xuño de 2020.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
TRABAJ. SOCIAL. PUBLIC. PUNTUACS DEFINITIVAS 167.12.20.pdf | 214.1 KB |
resultadosprimeiroex_bolsatraballador_asocial.pdf | 197.19 KB |
Respostas_primeiroexercicio_traballador_a-social.pdf | 356.6 KB |
3.- COMUNICAC. ASPIRANTES. MEDIDAS PREVENCIÓN COVID 19.pdf | 140.8 KB |
Resolución modificación data exame bolsa traballador_a social.pdf | 74.91 KB |
lista definitiva_bolsatraballador_a social.pdf | 86.36 KB |
lista provisional_bolsatraballador_asocial_0.pdf | 111.36 KB |
bolsatraballadoressociais_anuncioBOP_bases.pdf | 140.88 KB |
Resolución aprobación Bolsa.pdf | 78.38 KB |
Anuncio bolsa.pdf | 161.19 KB |