O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O autocine chega aos Tilos o domingo 28 ás 22:15 horas coa película Bruxerías. A proxección será no aparcadoiro da piscina dos Tilos. A concellaría de Cultura programa sesións de autocine en todas as parroquias do Concello. As entradas pódense reservar dende 15 días antes de cada sesión. A sesión nos Tilos estaba prevista para o venres 26 pero houbo que cambiala de data pola previsión de choiva.
Procedemento para a reserva de entradas:
-Prioridade para a veciñanza empadroada nas propias parroquias onde se proxecte o filme e por orde de apuntamento.
-A través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no enderezo electrónico: autocinecultura@teo.gal, nos telefónos 881 957 534 – 689 386 303 en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres, indicando o nome e apelidos, número de DNI, teléfono, aldea e parroquia, matrícula do coche e a película que quere ver.
- Non se poderá asistir sen previo apuntamento para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos.
Para garantir a asistencia da veciñanza á súa parroquia correspondente terán preferencia os veciños e veciñas da parroquia na que se proxecte o filme correspondente e por orden de apuntamento. No caso de que queden entradas libres poderase ter en conta a entrada das persoas doutras parroquias diferentes a onde se proxecte o filme, sempre con previo apuntamento.
O prazo sacar as entradas será de quince días antes da proxección de cada un dos filmes.
Agradecemos expresamente a colaboración neste proxecto das comisións de festas, asociacións, entidades ou colectivos de veciñanza de cada unha das 13 parroquias que, a falta de verbenas, acolleron con moita ilusión e traballo este proxecto no que van a botar unha man para que todo saia “de película”.
Achegamos o programa premendo aquí
Máis información sobre o autocine de Teo premendo aquí