O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Dende o Servizo de Augas do Concello de Teo, infórmase que o vindeiro luns, 24 de novembro, procederase a cortar o subministro de auga por tarefas de mantemento na rede de distribución, entre as 9.30 e as 13.00 horas.
O corte afectará á rúa Loureiro entre os números 11 e 15 e ás rúas Carballo, Cerdeira, Sabugueiro, Vidueiro e Nogueira. Cómpre señalar que o horario do corte é orientativo, restablecendo o subministro unha vez rematen os traballos previstos.
Dende o Concello pedimos desculpas de antemán polas molestias ocasionadas.