O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Concello pon en marcha a campaña "Nadal con agasallos", para que todos os nenos e nenas de Teo teñen unhas festas con agasallos.
Neste mes de decembro (ata o día 15, incluído), poderedes colaborar neste campaña a través de vales -por importe de 5 euros- que atoparedes nos establecementos colaboradores de A Vagoneta Educativa, A Librería d’Ana e Multicentro Pernas. O importe ingresado por eses vales utilizarase para mercar regalos nestes mesmos locais e serán entregados logo ás familias vulnerables a través do Departamento de Benestar.
Agardamos que, un ano máis, a campaña siga tendo a mesma acollida, demostrando que a poboación de Teo é xenerosa e empática coa súa veciñanza.