O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Observación astronómica na área da Piollosa

O sábado 25 de xullo realizarase unha observación astronómica na área da Piollosa. O punto de encontro ás 21:00 horas será a Casa Común de Francos onde se falará sobre A vida dos exoplanetas antes de facer a observación. Para participar nesta actividade hai que anotarse enviando un correo electrónico a deportes@teo.gal. No asunto da mensaxe indicarase: Observación 25 de xullo. E no texto da mensaxe hai que indicar os datos persoais do/a participante e un número de teléfono de contacto. Esta observación forma parte do programa A astronomía nas Rutas Xacobeas impulsado polo Observatorio Ramón María Aller da USC co que o Concello de Teo leva anos colaborando.  

observación astronómica
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia