O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase o edicto de aprobación do padrón fiscal da taxa por abastecemento, saneamento e depuración do Concello de Teo do 2º trimestre do 2020.
Por decreto da Alcaldía de data 23 de xullo aprobouse o padrón fiscal do servizo de abastecemento, saneamento e depuración de augas do Concello de Teo correspondente ao 2º trimestre do exercicio 2020. O citado padrón estará a disposición do público durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na casa consistorial do Concello de Teo. Os prazos de pago son os determinados no calendario fiscal 2020 da taxa de abastecemento de auga, sumidoiros e depuración, comezando para este segundo trimestre o día 14 de agosto e rematando o 15 de outubro de 2020.
Contra o acto de aprobación do Padrón poderá interpoñerse recurso de reposición ante o Alcalde no prazo dun mes a contar desde o seguinte ao da finalización do período de exposición pública do Padrón, de conformidade co previsto no artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. A repercusión do canon de auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia (Xunta Superior de Facenda–Consellería de Facenda) no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante a publicación do anuncio de aprobación no Boletín Oficial da Provincia do padrón.
A falta de pagamento no período voluntario do sinalado canon da auga dá Xunta de Galicia suporá a esixencia do canon de auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais.
Transcorrido o período voluntario de pago establecido, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan.
Carga de recibos domiciliados: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes, o día 05/09/2020 ou o día hábil seguinte.
Lugar de ingreso: Os recibos non domiciliados poderán ingresarse nas oficinas da entidade bancaria colaboradora Abanca, empregando os instrumentos de ingreso (recibos) que se enviarán ao domicilio declarado polo contribuínte por correo ordinario.
No caso de non recibir no seu domicilio, ou de perda do devandito instrumento, o obrigado ao pagamento poderá obter un duplicado no Servizo de Augas de Teo (Travesía da Ramallosa nº 38) ata o 15/10/2020, e efectuar o pagamento nos prazos antes indicados, posto que a non recepción non exonera da obriga do pagamento e non impide a utilización da vía de constrinximento.
Días de ingreso: días hábiles nos horarios de caixa establecidos pola entidade colaboradora para o pagamento dos recibos non domiciliados.
O que se anuncia e fai público para xeral coñecemento do presente EDITO que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.
Publicado en teo.gal o 29 de xullo de 2020.
Adjunto | Tamaño |
---|---|
EDITO PUBLICACION PADRON AUGA 2º TRIMESTRE 2020.pdf | 195.65 KB |