O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Adíase o Teatro familiar en Montouto

Debido ás inclemencias meteorolóxicas adversas, este ano vémonos na obriga de suspender o Acto de Homenaxe a Ánxel Casal.
Dende a Concellaría de Cultura sentimos moito non poder levar a cabo este acto tan entrañable, pero estimamos que debido á especial simboloxía do lugar en que se celebra (A Estivada da Ribeira), non resulta doado celebralo noutra localización que non sexa esa.
Así mesmo, tamén se adía a actuación que acompañaba o acto, da cal se informará cando se programe a nova data.

 

O 19 de agosto, antes do acto institucional en lembranza a Ánxel Casal, teremos en Montouto teatro de rúa para toda a familia coa compañía teense Mad Compass e o seu espectáculo Nino & Mambrú os irmáns limpabotas. A actividade é de balde e non é preciso reservar. O acceso é libre ata completar o aforo permitido. 

limpabotas
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento