O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Reunión no Concello coa conselleira de Política Social e Igualdade

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, recibiu esta mañá no Concello á conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, para valorar o impacto que terá o acordo acadado entre a Xunta e a Fegamp para o incremento do prezo do servizo de axuda no fogar (SAF),  que permitirá que os concellos poidan mellorar a prestación deste servizo social.

Neste sentido, o dito acordo suporá un incremento do 50% da achega do Goberno galego a este servizo, que é de competencia municipal. En concreto, no caso do concello de Teo, o incremento ao longo destes tres anos será de case 650.000 euros, o que suporá un importante aforro nas arcas municipais, ao tempo que seguen mellorando a ratio de atención.

A conselleira sinalou que “coas cifras na man vemos o beneficioso que será este acordo para os concellos galegos” e que demostra o compromiso da Xunta de Galicia coas Administracións locais e, sobre todo, con todos os dependentes galegos. Pola súa parte, a rexedora municipal salientou que o Goberno central segue sen cumprir a Lei e sen aportar o 50% do financiamento, lembrando que a débeda con Galicia ascende a 2.900 millóns de euros.

 

foto