O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, xunto coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, asinaron o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas máis no municipio, que suporán un investimento de case 8,8 M€. No acto tamén estaban o secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo.
Allegue explicou que a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a licitación conxunta da redacción do proxecto, dirección e obras destas vivendas. O prazo de presentación de ofertas rematará o vindeiro 12 de maio. Destacou que neste contrato, de igual modo que nos últimos destas características, tamén se está a incluír nos pregos de bases a obrigatoriedade de empregar técnicas industrializadas na construción. A Xunta vén apostando por este sistema, que é máis respectuoso co medio ambiente e permite axilizar os traballos e acurtar tempos. No caso das vivendas previstas en Teo, empregaranse as técnicas industrializadas na estrutura, na fachada e nos elementos singulares como baños ou núcleos de escaleiras e ascensores.
A conselleira puxo en valor a aposta de Teo pola vivenda, xa que esta é a segunda cesión gratuíta de solo que efectúa á Xunta para construír fogares públicos. Lembrou que o ano pasado Teo foi dos primeiros municipios en ceder solo, daquela unha parcela para edificar 26 vivendas nas Galanas. Detallou que a Xunta xa ten este proxecto redactado e en breve se licitarán as obras. A conselleira salientou que coas cesións das citadas parcelas por parte do Concello, a Xunta poderá construír arredor de 63 vivendas neste municipio.
Pola súa parte, a alcaldesa destacou que esta segunda parcela está nunha contorna moi privilexiada, ao ter servizos próximos tales como a escola infantil municipal, o centro de educación infantil e primaria e a saída da Ramallosa da AG-59; así como o futuro polígono industrial e o novo centro de saúde proxectado na zona.
Ademais, a rexedora salientou que a vivenda é un eixe prioritario para o seu equipo de Goberno e, por iso, insistiu na necesaria urxencia en ceder estas dúas parcelas, dada a previsión de cremento poboacional do Concello.