O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu hoxe ao recente campión europeo sub-23 na modalidade de Bola 9, Álvaro Lama-Pereira. Un título que conseguiu este mes en Turquía e que o sitúa -aínda máis- na elite deste deporte de mesa.
A rexedora quixo felicitalo de novo en persoa e coñecer as súas impresións neste campionato europeo, que foi acompañado doutros membros do Club Billar de Teo que tamén tiveron moi bos resultados.
Neste senso, cabe mencionar que Álvaro Lama-Pereira ten un futuro prometedor, destacando tamén en campionatos nacionais e internacionais de billar. Con varias medallas nas Copas e Campionatos de España Junior, logrou o primeiro posto no Circuíto Nacional Junior dous anos consecutivos e obtivo a medalla de bronce no Campionato de España Absoluto Bola 10. Tamén conseguiu o ouro no Campionato de España de Seleccións Autonómicas e un quinto posto na Copa de España Absoluto Bola 10.
Tal e como reflicte o seu currículo, méritos non lle faltan, por iso tamén foi galardoado co Premio á Mellor Promesa do Concello na II gala do Deporte Teense, celebrada o pasado mes de xaneiro. Tal e como dixo a alcaldesa, en Teo hai moito talento en moitas modalidades deportivas e cómpre poñer en valor a cada unha delas, pois non por ser menos coñecida implica menos traballo e esforzo.