O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Aprobación definitiva da modificación do Regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo

Publícase no BOP do 14 de decembro o anuncio de aprobación definitiva da modificación do Regulamento de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo.

Consulta aquí o anuncio de aprobación definitiva

O Pleno do Concello, na sesión extraordinaria do 14 de outubro de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación do Regulamento de de funcionamento dos programas de conciliación do Concello de Teo. Sometido o expediente a información pública, durante trinta días, mediante anuncios publicados no BOP (número 176 do 21/10/2020), na web e no taboleiro de anuncios do Concello, non se presentou reclamación algunha, polo que, de acordo co artigo 49 da da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL), e de conformidade co acordo plenario citado, enténdese definitivamente aprobada modificación do mencionado Regulamento. De acordo co disposto no artigo 70.2 da LRBRL, procédese á publicación íntegra das modificacións e do texto refundido do Regulamento, que entrará en vigor trala súa publicación e unha vez transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da LRBRL. 

 

Arquivos
Adjunto Tamaño
BOP 14.12.2020..pdf 131.59 KB