O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 5 de xaneiro é unha xornada máxica e en Teo comeza dende ben cedo. Durante a mañá os tres Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán Teo para visitar a toda a cativada do Concello.
A visita das súas maxestades serán en vehículo real, de forma segura e sen contacto, algo imprescindible pola situación de crise sanitaria que vivimos. Dende as dez da mañá e ata as 13:00 horas aproximadamente tres autobuses reais pasarán por Teo para que poidades ver aos Reis dende as vosas casas. Para poder chegar a todos os recunchos cada Rei Mago irá nun bus. Cal será o que visite a túa zona? Terás que agardar a que cheguen para que se desvele a sorpresa!
Consulta aquí os itinerarios de cada bus real:
O 5 de xaneiro celébrase a Autocabalgata de Reis para recibir aos Reis Magos de Oriente. Durante a mañá Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as 13 parroquias de Teo nos seus autobuses reais históricos. A música anunciará a súa chegada. Xa pola tarde poderase asistir en coche a ver aos Reis no campo da festa de Cacheiras (o novo). Para asisitir pola tarde é preciso reservar entrada premendo aquí e podes escoller entre varios horarios: 16:00, 17:15, 18:30 e 19:45. A asistencia á Autocabalgata é só para persoas empadroadas.
Podes reservar praza para a Autocabalgata premendo aquí
Podes consultar máis información sobre esta actividade premendo aquí