O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
DIVERTEO VERÁN 2026
DIVERTEO XUÑO
DATAS: do 22 ao 30 de xuño (6 días).
INSCRICIÓN: do 4 ao 18 de maio.
LISTAXE PROVISIONAL: 21 de maio na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PAGAMENTO: do 25 de maio ao 5 de xuño.
LISTAXE DEFINITIVA: 11 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello
DIVERTEO XULLO
DATAS:
Primeira quenda: do 1 ao 15 (11 días).
Segunda quenda: do 16 ao 31 (12 días).
INSCRICIÓN: do 4 ao 21 de maio.
LISTAXE PROVISIONAL: 28 de maio na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PAGAMENTO: do 1 ao 12 de xuño.
LISTAXE DEFINITIVA: 18 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
DIVERTEO AGOSTO
FARASE SÓ CUN MÍNIMO DE 15 PARTICIPANTES E NO COLEXIO DA RAMALLOSA
DATAS:
Primeira quenda: do 3 ao 14 (10 días).
Segunda quenda: do 17 ao 31 (11 días).
INSCRICIÓN: do 4 de maio ata o 5 de xuño.
LISTAXE PROVISIONAL: 11 de xuño na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
PAGAMENTO: do 16 de xuño ao 3 de xullo.
LISTAXE DEFINITIVA: 10 de xullo na páxina web (www.teo.gal) e no taboleiro do concello.
IMPORTANTE
NO CASO DE NON REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGAMENTO NO TEMPO E NA FORMA ESTABLECIDOS,
A RESERVA DE PRAZA NON SERÁ EFECTIVA.
PARTICIPANTES:
Crianzas escolarizadas nos CEIP e CRA entre 3 e 12 anos. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo e por orde de inscrición.
LUGAR:
CEIP de Calo, A Ramallosa e Os Tilos.
IMPORTANTE: O Concello se reserva o dereito de realizar as actividades en dous centros e incluso nun único, se despois do prazo de inscrición, non se chega á ratio mínima de participantes nalgún destes.
O Diverteo de AGOSTO farase unicamente no colexio da RAMALLOSA.
HORARIOS:
Servizo completo: de 7:30 a 15:30 horas
Servizo sen xantar: de 7:30 a 14:00 horas
PREZOS DIARIOS:
Cada programa págase completo, NON por días soltos.
A utilización do servizo completo sen almorzo serán 8,50 € diarios.
A utilización do servizo completo sen xantar serán 5,50 € ao día.
A utilización do servizo, sen comedor (só atención educativa), será de 5,00 € por día.
A utilización do servizo completo serán 9,00 € por día.
DOCUMENTACIÓN:
documentación obrigatoria para todas as solicitudes:
Folla de inscrición.
Foto tamaño carné da crianza.
Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.
Informe médico que corresponda en relación a enfermidades específicas que precisen dunha atención especializada (de ser o caso).
Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda a custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).
documentación obrigatoria para acceder ás bonificacións:
Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).
Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).
Xustificación do acollemento (de ser o caso).
Declaracións da renda do exercicio 2024 ou certificado negativo relativo da obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.
Se algún dos documentos foi presentado nalgún outro programa de conciliación do actual curso 2025-2026 (Diverteo setembro, Nadal, Entroido ou Semana Santa; Teomadruga ou Teocoida), sinalar en cal deles.
EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS:
As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 62, do 6 de abril de 2026).
IDENTIFICACIÓN DOS PARTICIPANTES NAS LISTAXES:
DIVERTEO AGOSTO:
O Diverteo do mes de agosto realizarase nun único lugar, e para acceder ás prazas ofertadas deberase xustificar a ocupación laboral dos pais, nais ou responsables legais que faga necesario o uso deste programa. Os solicitantes deste servizo non poderán facer uso dos diverteos do mes de xullo, e deberán indicar que mes de vacacións van a ter os nenos ou as nenas.
Por regra xeral os nenos e nenas deben poder estar un mes de vacacións anuais fóra do seu centro de estudios, polo que o acceso aos diverteos de agosto estará máis limitado.
No caso excepcional de que existan circunstancias sociais ou familiares que impidan que estas mínimas vacacións, a técnica municipal encargada do programa debera asinar un informe no que se constate esa imposibilidade. Para elaboralo solicitara aos pais, nais oi titores a documentación que estime necesaria.
PAGAMENTO:
Remitirase polo Concello, a través de correo electrónico, o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. De non recibilo, póñase en contacto co concello.
En canto ao pagamento ten varias opcións:
Realizar o pago de forma presencial en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático).
En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.
Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria (https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Información xeral diverteo veran 2026.pdf | 129.52 KB |
| FICHA INSCRICION DIVERTEO veran 2026.pdf | 198.43 KB |