O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Programa Galicia Suma Talento: Rural Activo

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

ACTA DE CONSTITUCIÓN DO TRIBUNAL E VALORACIÓN DE MÉRITOS NO PROCESO DE SELECCIÓN

Publícase na páxina web e no taboleiro de anuncios a puntuación dos méritos dos participantes.

Emprázase ás persoas aspirantes, para a realización da fase de oposición nos seguintes lugares e horas: Martes, 09 de xuño de 2026, ás 14:00 horas na nave de obras do Concello (Lucí).

 

Publicado en teo.gal o xoves, 4 de xuño de 2026.

 

LISTA DEFINITIVA DO PROCESO SELECTIVO DE TRABALLADORES FORESTAIS. GST26

Publícase a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para ocupar dous (2) postos de traballador forestal para o Concello de Teo (GALICIA SUMA TALENTO: Rural Activo).

Convócase ao tribunal para o luns 1 de xuño de 2026, ás 09:00 horas, na Casa Consistorial, co obxecto de proceder á baremación dos méritos achegados polas persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo.

--- x ---

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso - oposición de dúas persoas desempregadas para a realización das tarefas contempladas na memoria que acompaña a solicitude de subvención presentada ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo (DOG nº 24, de 05.02.2026).

Estas tarefas están relacionadas maioritariamente coa prevención de lumes, a planificación preventiva, a valorización forestal, a silvicultura, a limpeza de montes e espacios naturais e a xestión da biomasa no Concello de Teo.

As persoas interesadas dispoñen de prazo ata o xoves 21 de maio para presentar as solicitudes de participación no proceso selectivo.