O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Contratación de 3 condutores/as motobombistas.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para a contratación de 3 condutores/as motobombistas.

As persoas aspirantes excluídas, así como, no seu caso, as omitidas na relación de persoas admitidas ou excluídas, poderán presentar reclamacións ou a subsanación de defectos desde o día 10 ata o 13 de xuño.

Publicado en teo.gal o martes, 9 de xuño.

--- x ---

O obxecto da presente convocatoria é a contratación laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, de tres persoas na categoría de condutor/amotobombista, para o desempeño de tarefas de condución de vehículo motobomba forestal e manexo da motobomba en labores de prevención e defensa contra incendios forestais.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deberán presentar unha solicitude conforme ao modelo que figura como anexo II, dirixida á Alcaldía do Concello de Teo, no prazo de dez (10) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.