O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
As presentes bases teñen por finalidade regular a concesión de subvencións destinadas á organización, promoción, preparación e/ou participación deportiva de clubs e deportistas federados/as no ano 2026, con cargo á partida 340/480.00 do orzamento 2026 por un importe total de 50.000 euros, dos que 13.000 euros se destinarán ás solicitudes formuladas por deportistas federados/as.
Son obxectivos perseguidos polas axudas reguladas nestas bases a potenciación do deporte, a promoción da práctica deportiva, a creación de canteiras de deportistas no Concello de Teo, tanto a curto como a longo prazo, impulsando ademais deste xeito formas de ocio alternativo.
Os interesados deberán consultar na publicación do BOP toda a documentación que deben achegar para a presentación de solicitudes.
As solicitudes deberán de presentarse no prazo de 15 días hábiles dende a publicación do anuncio das presentes bases no BOP, é dicir, do 1 ao 19 de xuño.
Publicado en teo.gal o venres, 29 de maio de 2026.
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| BOP 29.05.2026.pdf | 188.61 KB |
| DOCUMENTOS DEPORTISTAS 2026.pdf | 265.21 KB |
| DOCUMENTOS CLUBS 2026.pdf | 496.29 KB |