O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

As coplas do Entroido da Ulla locen na Ruta da Batalla de Cacheiras

| compartir:

Este ano a crise sanitaria obriga a quedar sen Entroido dos Xenerais da Ulla. Con todo, dende o Concello estanse facendo diversas actividades para homenaxear esta tradición tan importante en moitas parroquias de Teo. 

Dende Turismo colocáronse estes días coplas antigas do Entroido polo percorrido da Batalla de Cacheiras. Trátase dun conxunto de 40 coplas que estaban custodiadas no arquivo municipal. Curiosidades, retranca, desafíos, humor, ironía, sátira e moitas outras características teñen estas coplas de Entroido que podemos ler á vez que camiñamos polo percorrido da Batalla de Cacheiras dende Bamonde. Coplas de diferentes anos e das parroquias do concello que celebran tradicionalmente o Entroido, a máis antiga delas de 1954 e outras moi actuais.

Política, veciñanza, xénero, lingua ou actualidade social son temas recorrentes no tratamento destas coplas utilizadas nos entroidos parroquiais, que achegan reflexións retranqueiras que, de seguro, provocarán un sorriso nas persoas que se acheguen a contemplalas.

María López, concelleira de Turismo, explica que esta actividade “é das que máis nos apetecen xa que convida á xente a pasear e coñecer unha parte importante do Entroido, as coplas, ademais de pasear polas parroquias de Bamonde, Oza e Cacheiras, ás que lles debemos manter viva esta tradición xa que, sen o traballo das comisións e da veciñanza, sería imposible gozar do Entroido dos xenerais da Ulla”. Animádevos a pasear con seguridade por esta ruta e atoparedes verdadeiros tesouros en forma de coplas que contan a historia viva deste Concello. Podedes consultar o percorrido da ruta premendo aquí.

E se non es de Teo e non podes vir facer a ruta deixámosche aquí as coplas para que poidas gozar delas tamén. 

Podes consultar aquí máis información sobre as actividades da área de Turismo relacionadas co entroido. 

Dende a área de Cultura traballaron coas asociacións das parroquias no EntriodON nas redes do que podes ver máis información premendo aquí

 

copla

Arquivos descargables

Adjunto Tamaño
coplasentroido_batallaCacheiras.pdf 4.49 MB