O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A campaña GALICIA SABE AMAR, impulsada pola Consellería do Mar, continúa levando o mellor sabor das rías galegas a través de foodtrucks aos escolares da comunidade. Nesta ocasión foi ao alumnado do IES Cacheiras, e contou coa presenza do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e da alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz.
Alí púxose en valor a importancia de promover o consumo entre a xente máis nova nun contexto de progresivo descenso da presenza destes alimentos na cesta da compra da cidadanía. Nesta liña, destacáronse os múltiples beneficios para a saúde que supón a inclusión do peixe e marisco no marco dunha dieta equilibrada pola súa riqueza nutritiva.
Esta iniciativa, ademais de fomentar a mellora dos hábitos alimenticios e a saúde da xuventude galega, tamén contribúe a divulgar a excelente calidade dos produtos que saen da costa galega reforzando á vez un sector estratéxico para a economía galega que representa preto do 5% do PIB e do que dependen ao redor de 50.000 empregos.