O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A vogal do Consello Local de Infancia e Adolescencia do Concello de Teo e membro do grupo de participación infantil e adolescentes As Toupas de Teo, Julia López Sánchez, foi recentemente seleccionada para formar parte do Consello Estatal de participación da infancia e adolescencia (CEPIA).
Este órgano dependente do Ministerio de Juventud e Infancia, está formado por 34 nenas, nenos e adolescentes de entre 8 a 17 anos e representan a diversos territorios, experiencias e realidades. Ten como principais obxectivos defender os dereitos da infancia e adolescencia, elaborar propostas para mellorar as políticas públicas e participar en consultas, proxectos e actos institucionais.
Julia, avalada cunha ampla traxectoria de 5 anos no CLIA de Teo, asistiu á primeira Asamblea presencial do novo CEPIA, nun encontro que ten carácter anual e que se celebra na sede do Instituto de Juventud en Madrid. A xornada contou con dous espazos diferentes, un para as nenas, nenos e adolescentes do Consello xunto co equipo de dinamización da empresa Plan B-Educación Social, e outro para o persoal técnico de referencia xunto coa Secretaría Técnica do Ministerio.
Este primeiro encontro serviu para coñecer como funciona o Consello, as súas formas de organización e participación, e aprender a traballar en equipo xunto ás persoas dinamizadoras que lles acompañan, compartindo ideas e propostas de actuación. Foron recibidos polo secretario de Estado de Xuventude e Infancia, Rubén Pérez Correa, e a directora xeral de Dereitos da Infancia e adolescencia, Sandra Gómez de Garmendia Cuetos.