O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta mañá presentouse no Concello unha nova edición do Campus de Verán 2026 by Cabreiroá do RC Celta, que se levará a cabo no Campo Municipal da Cañoteira, en Cacheiras. Será entre os días 20 e 24 de xullo e está organizado pola Fundación Celta, en colaboración co Concello de Teo. Os interesados teñen ata o 15 de xullo para anotarse na páxina oficial do RC Celta, no apartado de campus de verán.
Esta oferta formativa está pensada para a rapazada de entre 5 e 16 anos. Durante toda a semana contarán con adestramentos afíns á metodoloxía do club vigués, así como a posibilidade de recibir o Premio Afouteza, que consiste nun adestramento coa canteira celeste da categoría correspondente. Ademais, os nenos e nenas que participen recibirán a roupaxe de adestramento e a merenda diaria.
O obxectivo final é formar aos máis pequenos desde unha perspectiva amena e divertida, xa que tamén haberá espazo para opcións recreativas, ademais de practicar unha actividade física ao aire libre. O último día terá lugar a cerimonia de clausura, coa entrega de diplomas e sorteo de regalos, onde tamén poderán estar os familiares dos participantes.
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, mantivo esta mañá unha xuntanza co coordinador e director dos Campus e Escolas Deportivas Fundación Celta de Vigo, Manuel Gómez, para coñecer de primeira man a oferta do club para a cativada.
Para anotarse, aquí: https://rccelta.es/fundacion/campus/