O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
OBRADOIRO EN LIÑA “Sementes para comer. Como xerminar unha semente”, con A Horta de Dubra
13 de marzo en directo ás 11.30 h
O requisito para a inscrición é ter acceso á plataforma dixital Jitsi
Obradoiro para experimentar, a modo de xogo coas crianzas, como se xerminan sementes de produtos da horta, as cales se converterán en plantas que servirán para alimentarnos de maneira saudable.
As familias participantes estarán acompañadas durante todo o proceso, de forma que poden realizar preguntas e interactuar en liña entre elas e coas persoas docentes.
As sementes usadas poderán ser propias (enviaremos listaxe das variedades) ou poderá recollerse no Concello unha caixiña con elas.
Dirixido a familias con crianzas de 3 a 6 anos.
Prazas limitadas a 10 familias, de balde con inscrición previa.
Inscricións a partir do 1 de marzo, por orde de entrada, enviando o nome da persoa que realice a conexión e das crianzas ao enderezo-e politicalinguistica@teo.gal