O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato para os servizos de telecomunicacións. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 13 de agosto.
A presente contratación pretende cubrir os servizos de telefonía e Internet, así como o mantemento da rede cableada e sen fíos do Concello de Teo. Estes servizos deben ser provistos por un operador de telecomunicacións. Así mesmo, os restantes servizos deben ser realizados por un equipo de persoal técnico con alta cualificación e especialización, que garanta a continuidade do servizo e a conectividade das persoas usuarias do Concello de Teo, polo que non sería posible que fose realizado con medios propios.
En concreto, os servizos incluídos no presente contrato abarcan as liñas de acceso a internet: conectividade a Internet das distintas sedes municipais; os servizos de voz de telefonía fixa e móbil; as redes Wi-Fi; a seguridade lóxica, coa implantación e configuración de sistemas de devasas que permitan securizar a rede corporativa; a electrónica de rede, co fin de mellorar a rede local do Concello e o cableado estruturado, para unha optimización e xestión do cableado estruturado das dependencias municipais.