O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo xa conta co seu Plan de Emerxencia Municipal (PEMU) homologado, por parte da Comisión Técnica de Protección Civil. Trátase do instrumento no que se determina a estrutura xerárquica e funcional dos organismos obrigados a intervir ante posibles situacións de risco no municipio, co fin de establecer un sistema coordinado de medios e recursos que se poden empregar -tanto públicos como privados- nesas urxencias. Desta forma, agrúpanse os criterios, as normas e os procedementos de resposta a seguir por parte das administracións públicas fronte a calquera situación de emerxencia colectiva que se produza no concello.
O PEMU de Teo ten dúas vertentes, unha preventiva e de autoprotección, e outra claramente operativa coas que se perseguen os seguintes obxectivos: organizar as funcións básicas de protección civil a nivel do municipio; identificar e analizar os distintos riscos; determinar as medidas de prevención fronte aos riscos detectados; coordinar todos os recursos municipais, co fin de dar unha resposta rápida en caso de emerxencia; promover actividades de autoprotección corporativa e cidadá; informar e concienciar á poboación sobre os riscos e medidas de protección e integrar o PEMU de Teo no Platerga, de acordo coas directrices marcadas por este último.
Así, o obxectivo final deste Plan de Emerxencias Municipal non é outro que velar pola protección das persoas, dos bens e do medio ambiente. Para logralo, establécese unha configuración orgánica-funcional xunto con procedementos operativos que garanten a resposta ás situacións de emerxencia que poidan xurdir dentro do concello. Desta forma, o Goberno local poderá mobilizar todos os recursos dispoñibles en caso de necesidade por calquera tipo de incidente que se orixine, permitindo que as consecuencias sexan as menores posibles e que a veciñanza recupere canto antes a normalidade.