O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

TeoMadruga e TeoCoida 26/27

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

TEOMADRUGA

PARTICIPANTES: alumnado dos CEIP públicos de Teo, e das escola do CRA de Raxó e Reis. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.

LUGAR: nos CEIP de Calo, da Ramallosa e dos Tilos; nas escolas do CRA de Teo de Raxó e Reis.

HORARIO: No caso dos CEIP: de 07:30 horas ata o comezo das aulas durante todos os días do período lectivo.

No caso das escolas do CRA: de 8:00 horas ata o comezo das aulas durante todos os días do período lectivo.


 

TEOCOIDA 1

PARTICIPANTES: alumnado do CEIP dos Tilos que non obtivo praza de comedor. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.

LUGAR: no colexio dos Tilos.

HORARIO: de 14:00 a 15:15 horas (15:30 para casos xustificados) todos os días do período lectivo.


 

TEOCOIDA 2

PARTICIPANTES: alumnado dos CEIP públicos de Teo. Terán prioridade para a utilización deste servizo as familias empadroadas en Teo.

LUGAR: no colexios de Calo, da Ramallosa e dos Tilos.

HORARIO: desde o remate do horario do comedor ata as 18:30 horas, todos os días do período lectivo.



 

INSCRICIÓN: a partir do 20 de agosto

DOCUMENTACIÓN:

  • obrigatoria para todas as solicitudes:

  • Folla de inscrición.

  • Foto tamaño carné da crianza.

  • Fotocopia da tarxeta sanitaria da crianza.

  • Informe do especialista que corresponda en relación a enfermidades específicas ou discapacidades que precisen dunha atención específica, en especial os xustificativos de alerxia e/ou intolerancias (de ser o caso).

  • Documentación xurídica acreditativa en caso de separación, divorcio, violencia de xénero ou situacións análogas que indiquen a garda e custodia e o réxime de visitas (de ser o caso).

  • obrigatoria para acceder ás bonificacións:

  • Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso).

  • Xustificación de familia monoparental (de ser o caso).

  • Xustificación do acollemento (de ser o caso).

  • Declaracións da renda do exercicio 2025 ou certificado negativo relativo á obriga de efectuar declaración do IRPF no que se faga constar os ingresos das persoas responsables legais.

  • documentación opcional:

  • Impreso de domiciliación selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta.

TIPOS DE USUARIOS/AS

  • Usuario/a fixo/a: aquel/a usuario/a que se matricule e utilice o servizo de luns a venres, independentemente de que o utilice todos os días ou días concretos. Os/as usuarios/as fixos/as poderán escoller as seguintes frecuencias de utilización do servizo:

    • 1 día por semana

    • 2 días por semana

    • 3 días por semana

    • 4 días por semana

    • 5 días por semana

En caso dunha utilización do servizo distinta aos 5 días da semana, os días de utilización deberán ser días concretos previamente sinalados.

  • Usuarias/os ocasionais: aquel/a usuario/a que non está matriculado como usuario/a fixo/a e que, habendo praza, desexe utilizar o servizo en días soltos de forma ocasional.

PREZO PÚBLICO

Teomadruga do CEIP:

  • Usuarios/as fixos/as:

    • O prezo mensual polo servizo de gardería e almorzo é de 50 € por cada usuario ou usuaria ao mes.

    • A utilización do servizo de gardería sen almorzo terá un prezo mensual de 40 €.

    • No caso de utilización do servizo por días soltos o curso será do 25%, para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos.

  • Usuarios/as ocasionais:
    • O prezo pola prestacións do servizo de gardería e almorzo será de 4 € con almorzo e de 3,50 € sen servizo de almorzo. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións excepto que servizos sociais de Teo, informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar.


 

Teomadruga do CRA:

  • Usuarios/as fixos/as:

    • O prezo mensual polo servizo de gardería e almorzo é de 40 € por cada usuario ou usuaria ao mes.

    • A utilización do servizo de gardería sen almorzo terá un prezo mensual de 30 €.

    • No caso de utilización do servizo por días soltos o curso será do 25 %, para cada día, da cota que lle correspondería do prezo mensual para todos os días lectivos

  • Usuarios/as ocasionais:

O prezo pola prestacións do servizo de gardería e almorzo será de 4 € con almorzo e de 3,50 € sen servizo de almorzo. Neste caso non se aplicarán as exencións e bonificacións excepto que servizos sociais de Teo, informe de xeito excepcional da incapacidade económica da unidade familiar.

PAGAMENTO

O pago realizarase a mes vencido podendo aqueles usuarios/as que o desexen domiciliar este pagamento.

Aqueles usuarios/as que desexen domiciliar deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello o impreso de domiciliación, cumprimentado e selado pola entidade bancaria ou acompañado de xustificación documental da titularidade da conta. Poderá domiciliar o recibo no momento da inscrición ou en calquera momento posterior.

A aqueles usuarios/as que non domicilien o pagamento remitiráselles o correspondente documento de pago para que procedan a efectuar o pagamento nas datas sinaladas no propio documento. En canto ao pagamento do documento de pago ten varias opcións: 

  • Realizar o pago de forma presencial en ABANCA (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático). 

  • En caso de ser cliente de Abanca, tamén pode realizar o pago na banca electrónica da propia Abanca no apartado de pago de recibos.

  • Ou ben pagar a través da Oficina virtual tributaria (https://ovtteo.dacoruna.gal/ga/) no apartado de “pagar” o que lle dirixirá a pasarela de pagos de Abanca. Para o pago poderá utilizarse unha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira. Para o pago, en caso de non ser cliente de Abanca, deberá marcar o apartado "mediante a pasarela de Ceca".

EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS

As recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 62, do 6 de abril de 2026).

NORMAS DE XESTIÓN E INGRESO

  • Os usuarios/as fixos/as para darse de baixa deberán comunicalo por escrito no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica. A baixa provoca a extinción da obriga de pagamento sempre que se faga cunha antelación mínima de cinco días hábiles ao remate do mes anterior en que a baixa xurdirá efectos. No caso de baixas no medio dun mes en curso, as comunicadas entre o día 1 e 15, darán lugar ao pagamento do 50% da mensualidade. As comunicadas con posterioridade ao día 15, o pagamento será da mensualidade completa.

  • Os usuarios/as fixos/as poderán variar a frecuencia de utilización do servizo sempre que a organización do servizo o permita e o soliciten mediante escrito motivado presentado con antelación de sete días naturais.

  • O uso do servizo de xeito ocasional deberá ser avisado o día anterior á empresa (no caso de días laborables), ben presencialmente, ou ben no teléfono ou enderezo electrónico que lles facilitará a empresa, de luns a venres en horario de 7:30 a 20:00 horas.

  • A ausencia esporádica ou continuada dun servizo non exime da obriga de pagamento e non dá dereito á devolución das cotas. A ausencia inxustificada dun mes producirá unha baixa automática no servizo, e a obrigatoriedade do pago do mes.

  • No caso dunha ausencia xustificada manterase a praza, coa obriga de seguir facendo o pagamento da cota íntegra que se viña pagando.

MÁIS INFORMACIÓN

  • Servizos Sociais: 981809707.
  • BOP núm. 213, do 14 de decembro de 2020.
  • BOP núm. 62, do 6 de abril de 2026.